Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Xornadas Multimedia 2011

Descrición:

As Xornadas Multimedia con software libre 2011 son un evento organizado por GPUL consistente nunha serie de relatorios e obradoiros sobre aplicativos multimedia libres.

Estas xornadas poden considerarse unha nova edición das Xornadas de audio e gráficos con software libre celebradas o pasado ano.


Xornadas libres 2011

Datas e lugar de celebración:

As xornadas tiveron lugar na Facultade de Informática da UDC entre o día 20 de xullo de 2011.

Programa

O programa foi o seguinte:

Introdución a reprodutores multimedia multiplataforma

  • Conferenciante: Serafín Villar (GPUL)
  • Sinopse: Unha introdución a diversos reprodutores, tanto de son coma vídeo. Todos os reprodutores vistos dispoñen de versión nativa para varios sistemas operativos/plataformas, centrándose naqueles que se poden atopar nas tres máis empregadas: GNU/Linux, MacOS e Windows.
  • Documentación:Introdución a reprodutores multimedia multiplataforma (formato pdf)

Motores 3D Open Source: Posibilidades Reais

  • Conferenciante: Jorge Parada Fernandez (FREAKS Party)
  • Sinopse: Charla/coloquio sobre os motores de videoxogos open source e as súas vantaxes e desvantaxes no mundo comercial e desenvolvemento de videoxogos. Mención a algúns dos motores máis coñecidos NON OpenSource a modo de comparación como poden ser UDK, CRYEngine, BlitzBasic, DarkBasic, Dev, etc.
  • Documentación:Motores 3D Open Source: Posibilidades Reais (formato pdf)

Cinelerra: editando vídeo e dando guerra

Introdución ao desenvolvemento de aplicativos interactivos con software libre (ou non)

  • Conferenciante: Antonio Seoane Nolasco (Profesor Fac. Ciencias Comunicación - UDC)
  • Sinopse: Descríbense os pasos no proceso para o desenvolvemento dun aplicativo audiovisual interactivo, discutindo as posibilidades (e as carencias) existentes en software libre para o desenvolvemento dos traballos.

HTML 5 e as novas etiquetas multimedia

  • Conferenciante: Francisco Sobrino (alumno da FIC)
  • Sinopse: O novo estándar HTML está moi enfocado a poder acoller ao cada vez maior, contido multimedia co que contan as actuais páxinas web. Nesta charla vese cales son eses novos elementos e dáse unha pequena introdución de como empregalos.
  • Documentación: HTML5 e as novas etiquetas multimedia (formato pdf)


Organiza:

Asociación GPUL

Colabora:

Facultade de Informática da UDC

Patrocina:

Esta actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.

Ademais contou co patrocinio da FIC, a UDC e Igalia.