Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Xornada de accesibilidade en Software Libre

Descrición:

A Xornada de accesibilidade en Software Libre foi organizada por GPUL no marco do Hackfest sobre ATK e AT-SPI celebrado na semana do 9 ao 15 de maio de 2011 na Coruña polo GNOME Accesibility Team.

O Hackfest é a reunión do equipo de desenvolvedores da accesibilidade de GNOME na que impulsan o desenvolvemento das tecnoloxías que fan que o entorno GNOME sexa accesible. Este ano, grazas á colaboración entre GPUL e a GNOME Foundation organizouse, dentro da programación do Hackfest, unha Xornada aberta para achegar ao público os avances e melloras que permiten adaptar a nosa contorna de traballo para as persoas que precisan tecnoloxías de asistencia.

Xornada de Accesibilidade en Software libre

Datas e lugar de celebración:

A xornada tivo lugar na Facultade de Informática da UDC o día 11 de maio de 2011.

Programa

Os asistentes á xornada puideron coñecer o sistema de accesibilidade de GNOME, o funcionamento do lector de pantalla Orca e como pode navegarse de forma accesible nos navegadores Firefox e Webkit.

Introdución á accesibilidade en GNOME

Orca, o lector de pantalla de GNOME

Accesibilidade na web: Firefox, Webkit

Que facemos no Hackfest de ATK/AT-SPI2?

Organiza:

Asociación GPUL

Colabora:

Facultade de Informática da UDC

Patrocina:

Esta actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.

Ademais contou co patrocinio da FIC, a UDC e Igalia.