Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Xogos de adestramento mental - Gbrainy, Pezas e mini-aplicacións

Descrición

Este curso permite achegarse de xeito práctico aos programas de adestramento mental, concretamente ao programa Gbrainy, Pezas e outras mini-aplicacións.

A memoria é unha función do cerebro e, ao mesmo tempo, un fenómeno da mente que lle permite ao organismo codificar, almacenar e evocar a información do pasado. Aínda que a idade é un factor importante para ter en conta nos fallos de memoria, está comprobado como outra serie de variables persoais e ambientais teñen un peso específico tan importante ou mesmo maior. Algúns factores ambientais como a diminución de estimulación cognitiva por menores esixencias do medio ou por falta de costume, o uso de ferramentas como a calculadora, a memoria nos teléfonos, axendas e alarmas, a ansiedade e a depresión son tamén factores importantes que poden dificultar un óptimo funcionamento mnésico.

Existen diversos aplicativos que nos permiten realizar xogos de adestramento mental para mellorar e estimular a nosa capacidade.

O obxectivo deste curso é coñecer os diferentes tipos de xogos que ofrece o Gbrainy, o xogo do tangram coa aplicación Pezas. Así como un conxunto de mini-aplicacións de desafío da intelixencia.

Descarga

Gbrainy.png

O material está dispoñible en formato SCORM así como en formato pdf para facilitar unha áxil visualización dos contidos.

Consulta: (Formato pdf)

Descarga: (Formato SCORM)

Este material publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material.

Autoría:

O curso baixo o título "Xogos de adestramento mental: Gbrainy, Pezas e mini-aplicacións" foi elaborado por AGASOL para a rede CeMIT dependente da AMTEGA para ofertalo a través da súa plataforma de teleformación “Espazo multimedia de aprendizaxe” (EMA) formando parte dos cursos de formación en alfabetización dixital en software libre.

A formación en software libre a través da rede CeMIT forma parte das distintas actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.