Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Xgn 2008

Benvid@ ao wiki do Software Libre no Xuventude Galiza Net na edición 2008: o ano en que a organización do evento decidiu incorporar de forma oficial o software libre ao seu programa de actividades. Queremos darlle os parabéns ao equipo da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade (Secretaría Xeral do Benestar da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar) por ter tomado esta decisión e tamén á Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Indústria por apoiar a presenza do software libre neste evento.

Todas as personas integrantes da comunidade do software libre de Galiza, dende as iniciativas individuais ás empresas pasando polo movemento asociativo estamos convidadas a participar no evento facendo chegar as nosas propostas e tomando parte no proceso de traballo conxunto.

Dado o grande número de axentes que conforman a comunidade galega do software libre, o equipo de personas organizadoras do evento decidiu confiarlle a Mancomun.org a coordenación destas actividades. Por este motivo poñemos a funcionar esta páxina coa que pretendemos facilitar o traballo conxunto e ir reflexando os seus resultados como paso previo á súa incorporación no Programa oficial do evento.


  • Se formas parte dun GUL, debes saber que xa se están organizando: o mellor é que te poñas en contacto coa túa xente; se queres estar ao tanto do que se coce podes consultar o arquivo da lista que os GULs teñen en Mancomun.org.
  • Se non sabes o que é un GUL ou aínda non formas parte dun, este pode ser un bó momento para [1] contactar co que che resulte máis axeitado] e atopar xente legal coa que aprender e compartir coñecementos e aficións.
  • Noutro caso envíanos un correo a eventos @ mancomun . org e xa che indicamos o mellor xeito de poñer en práctica a túa idea.

Zona Intranet

Intranet.jpg

Chámanlle así ao espazo onde a xente se pon cos seus ordenadores e xogan, descargan de todo e tal. Aínda que as prazas xa se esgotaron (28 segundos despois de abrir o prazo), temos 12 prazas reservadas para Mancomún que distribuiríamos aos GULs que participen no evento. Estas prazas ubicaríanse nun área que estaría claramente identificada e que se anunciaría cun plotter para que o resto da xente puidera ubicalo. Por suposto as prazas son son gratuítas para vós e disporíades de 12 identificadores que poderíades intercambiar (pedimos que non foran nominativos).

Propostas

  • Demos de linux funcionando?
  • Install parties?
  • Axuda en vivo e en directo para a xente da Intranet que queira montar linux
  • Promoción do soft libre en xeral

Pendentes

  • Concretar cantas máquinas/ de quen van estar instaladas
  • Concretar un pouco máis que imos facer
  • Fazer o deseño para sinalar o espazo. En principio un plotter, se hai algún elemento que poida ser interesante (camisetas??) propoñelo.

Expositor da Extranet

Extranet.jpg Trátase do vestíbulo do evento, onde están as exposicións, xogos de sala e servizos varios. Neste espazo imos dispoñer dun stand duns 16 metros cadrados no que imos dispoñer dunha mesa redonda, cadeiras, un LCD de 40 pulgadas, un equipo de son con micrófono de lapa, unha impresora e folios e unha veleda con rotuladores. Por suposto haberá electricidade e acceso a internet a través da troncal do evento ademais dun acceso wifi de respaldo. O stand estaría rotulado cos logos da DX, de Mancomun.org e tamén cos dos GULs ou o que vexades mellor.

A idea do stand é que sirva de ponto de encontro do software libre no evento: tanto para a xente que ides estar dos GULs participando como para quen queira vir a informarse e demais. A idea do LCD é poder facer mini-demostracións, mini-charlas de dez minutos para a xente que pase por alí, ou concursos (mirade máis abaixo) tendo un apoio visual.

Por suposto podedes traer o material que teñades para distribuir ou amosar.

Demos

Imos dispoñer no expositor da extranet dun monitor LCD de 40 pulgadas xunto cun equipo de amplificación de audio e un micrófono de lapa. A idea é poder facer demos ou charlas curtas (en torno a dez minutos) cada pouco tempo para a xente que pase por alí poida ver de forma práctica e visual (e sonora) cuestións concretas sobre software libre ou o software libre funcionando.

Para facer as demos non é preciso confirmación; simplesmente fainos chegar a túa presentación/material/vídeo/o que sexa e poñémolo na secuéncia do plasma.


Linux: mitos e realidades

Linux para traballar: ofimática, navegación, multimedia... Preciso ser un hacker? Cousas de casa: chat, messenger, voz sobre IP, video en directo, máquinas virtuais, xogos 2D e 3D, escritorios 3D. Dez bromas (qué podo facer en Win e en Mac que non podo facer en Linux) e máis preguntas. Contacto: Miguel Bouzada de GALPon.

Blogaliza: blogues multimedia ubícuos

Presentación con audio e video para rotar sobre o tema do blogging extremo. Contacto: Pedro Silva de AGNIX

Propostas aínda sen definir e sen contacto identificado

  • Demos de traduzón de software

Outras actividades no expositor

  • Facer demos de cómo traducir soft usando o entrans
  • Usar o plasma e equipo de audio para dinamizar o stand e atraer á xente
  • Levar material multimedia sobre soft libre para proxectar


Pendentes

  • Concretar o calendario de eventos para evitar overlaps ou espazos en branco

Obradoiros

Obradoiros.jpg

A organización está barallando varios obradoiros: un de edición de vídeo con software libre vencellado ao concurso de vídeos, e outro de instalación de linux. Porén, serán as propostas dos GULs as que decidan qué obradoiros facer. Se queredes axudar nestes obradoiros ou facer algún en particular podedes propoñelo, e dispor así das sás pequenas do edificio, aínda que todo debe estar programado con antelación para incluilo na web, poder imprimir a cartelería e demais e publicitalo dentro do evento igual que as restantes actividades.

Para a organización de obradoiros dispoñemos dunha sá con 8 PCun proxector e se hai sorte conexión de rede e mesmo saída a internet. Cada obradoiro tería un máximo de 16 personas (2 personas/PC) e os horarios terán que repartirse entre os distintos obradoiros; as personas responsabeis dos obradoiros deberán xestionar o tema.

Polo momento os obradoiros previstos son os seguintes:

Obradoiro de robótica

A xente de AUSLUSC/GLUG están a organizar un obradoiro de robótica sobre Arduíno. Polo momento estamos mirando temas de orzamentos e demais, pero serán seguramente un máximo de catro seminarios para aproximadamente 20 robots. Cabe a posibilidade de que se faga algún obradoiro específico de Arduino, aínda que o tempo é moi xusto e igual non dá tempo. Cos robots aínda non está decidido qué facer, aínda que esta a falarse de sortealos entre os participantes do obradoiro.

Estado: Confirmado por XGN

Responsabel Loxístico: Fabián Pérez de AULUSC

Responsabel Técnico: Xulio López de AULUSC

Axuliar Técnico: Enrique Comesaña de AULUSC

Horarios: Sábado ás 12:00 e ás 18:00, Domingo ás 13:00

Obradoiro de blogues multimedia ubicuos

Por iniciativa da xente de Blogaliza/Goretoxo está enriba da mesa a proposta de faguer un obradoiro que amose novas posibilidades na fronteira tecnoloxica que relacionan as comunicacións móbeis co blogging.

Estado: Confirmado por XGN

Responsabel: Goretoxo de Blogaliza

Horarios: Venres ás 18:00

Obradoiro de tradución de soft

Por iniciativa da xente do GLUG e combinados con xentes de Mancomun e Trasno, un obradoiro taller colaborativo, xa non tan pechado como as usuais ponencias onde se teñen unhas transparencias e se fai un monólogo, senón un taller onde se expliquen as bases da traducción de soft ( gettext, e algunhas internalidades) para despois pasar a mostrar as distintas ferramentes standalone que están dispoñibles hoxe en día ( kbabel, poedit...) asemade das distintas plataformas web (pootle, ...), onde non estaría mal que se contara con alguén de mancomun para explicar como tedes montado entrans e todo o traballo que estades a facer. Se se dispón de equiposp odemos ensinarlle o entorno de kbabel para que se familiaricen máis co programa e tamén explicar o entrans de mancomun. A finalidade é non cargar moito ás persoas que asistan para que sailan do taller con ganas de traducir soft en galego.

O obradoiro estaría dalgún xeito sincronizado para que servira tamén de apoio ao concurso de tradución de software.

Estado: Confirmado por XGN

Responsabel: Fran Diéguez do GLUG, con Leandro Regueiro de Trasno

Horario: Sábado ás 16:00

Obradoiro de Instalación e configuración básica de Gentoo

Os asistentes o obradoiro aprenderan a facer unha instalación de Gentoo Linux dende calqueira medio arrancabel (un CD Vivo de Ubuntu por exemplo). Tamen a facela configuración básica do sistema. Poderan asistir co seu ordenador portatil e instalar o sistema no mesmo pra levalo pra casa.

Como nota importante dicir que este obradoiro e largo, al menos duas horas de duración pola sua complexidade (non quere dicir que vaia a ser complexo de facer, senon que o proceso e lento), polo que debe ser tido en conta a hora de planificar os horarios. Tamen dicir que se requiren uns minimos coñecementos de Linux para entender completamente o que se vai facer no obradoiro (ainda que pode asistir calqueira persoa xa que se vai facer o mais doado posibel).

Estado: Proposto a XGN

Responsabel: Óscar Amor de GPUL

Horarios: A confirmar, venres ou sábado.

Actividades con premios

Premios.jpg

Posto que esto dos concursos e os premios é bastante útil para atraer a atención da xente e para axudar a dinamizar as cousas, a organización ve con bos ollos que organizemos concursos ou actividades que se poidan reforzar coa entrega de premios. Estos concursos serían anunciados oficialmente, e ademais imos dispoñer de regalos simbólicos (en torno a 15 euros cada un) e algún outro de maior contía. Hai compromiso para facer algo relacionado co Entrans (o tema da língua é importante no evento) e polo demais hai completa liberdade.

Torneo de Battle for Wesnoth

Estado: Confirmado por XGN

Contacto: Leandro Regueiro


Battle for Wesnoth é un xogo libre de estratexia por turnos cun tema fantástico. Loita contra magos e elfos, ou contra ananos.

O torneo será de tipo eliminatoria con emparellamentos un contra un. Os gañadores da primeira rolda enfrontaranse entre si, e os gañadores destoutra rolda enfrontaranse entre si... ata que só queden os gañadores de premios (número e tipo a concretar pola organización da XGN).

Concurso de Tradución

Estado: Confirmado por XGN

Contacto: XGN + Equipo do CESGA + Fran Diéguez

A idea é lanzar un reto para a tradución da interfaz do OpenOffice.org e outras aplicacións. Para facilitar que a xente sen formación e mesmo sen Linux sexa quen de participar no reto, optouse por facelo a través do Entrans de Mancomun. A idea é abrir un prazo de inscrición para o reto até a medianoite do venres-sábado, abrir un prazo para participar no tradución (durante o sábado e o domingo á mañá) e sortear premios sustanciosos entre aqueles participantes que traduciran un número mínimo de cadeas.

Para apoiar o concurso de tradución, habería demos de tradución co entrans no stand de mancomun e un (ou varios) obradoiros de tradución (mirar nos apartados correspondentes).

Sorteo de Robótica

Estado: Confirmado por XGN

Contacto: Fabián Pérez

Entre os participantes dos obradoiros de robótica sortéanse os robots que se fixeron.

Pendentes

  • Confirmar coa organización alcance dos prémios
  • Concretar as actividades para poder darlles difusión no evento

Relatorios

Relatorios.jpg

Mesa redonda empresas de soft libre

Estado: Confirmado por XGN

Ás 12:00 do sábado, estamos coordenando con AGASOL

Relatório sobre Reciclaxe de hardware con Linux

Estado: Confirmado por XGN

O domingo ás 12:00. Impartida por Miguel Bouzada de GALPon/GRUVI.

Loxística

Todas as actividades e as comunicacións coa organización do evento coordenámolas a traverso de Mancomun.org. Cada participante recibirá unha acreditación que lle permitirá entrar na zona Intranet e acceder ao albergue do Monte do Gozo para durmir.

Loxistica.JPG

Reunións de coordenación

  • Martes 29 de xaneiro en Sociedade da Información. Reunión coa organización para coñecer as posibilidades e establecer un modo de coordenación.
  • Venres 28 de febreiro en Sociedade da Inforamción. Reunión coa organización do XGN para avaliar os avanzos.
  • Venres 07 ás 09:00 no Pazo de Congresos. Reunión coa organización do XGN para asignación de espazos, definición das medidas dos stands e toma de decisións sobre infraestructuras.
  • luns 10 ás 12:00 no Pazo de Congresos. Fixar ubicacións, definir cartelería.

Comer e durmir

  • 12 talonarios de comidas durante o evento para os GULs
  • 12 prazas no albergue do Monte do Gozo para pasar a noite. Será preciso levar as acreditacións para poder entrar no albergue. A organización avisará ao personal de seguridade do albergue de que as acreditacións non serán nominativas.

Datas e horarios do evento

  • O evento ten lugar os días 14, 15 e 16 de marzo de 2008
  • O horario do evento, no que tería que haber xente no stand, é o seguinte:
    • Venres: 16 a 22
    • Sábado: 11 a 23
    • Domingo: 11 a 19

Turnos e personal de apoio

  • Será preciso que haxa sempre xente no expositor da extranet sobre todo en horas onde haxa moitos visitantes para dar información e facer demostracións (obradoiros de dez minutos con apoio dun LCD de 40 pulgadas e microfonía). Os turnos deben ser autoxestionados libremente polos GULs e debe haber un responsabel para cada turno que se encargue de avisar á xente do seu turno.
  • A organización vai disponibilizar dúas personas como personal de apoio para o expositor.

Persoal dispoñible dos GULs para cubrir turnos

GALPon

  • Miguel Bouzada
  • Adrián Boubeta
  • Andrés Bott (xa dispón de entrada)
  • Paulo Viana
  • Javier

GPUL

  • Óscar Amor

Compostela Wireless

  • Iván Penido (xa dispón de entrada)
  • Martín Vázquez (xa dispón de entrada)

GLUG

  • Fran Diéguez

AGNIX

  • Manuel Hermo
  • Javier Alonso Soto
  • Pedro Silva

INESTABLE

  • Salvador Tabarés
  • Diego Lendoiro