Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Videotitorial de introdución a Inkscape


Vídeotitorial no que se describen os pasos a dar para instalar inkscape e faise unha introdución a conceptos básicos do seu uso seguindo de exemplo a creación dun díptico.

O titorial e os vídeos que o acompañan foron elaborados pola Oficina de Software Libre da Universidade de Vigo durante o ano 2011.

Inkscape.jpg

Instalación e primeiros pasos

O primeiro que temos que facer é instalalo se non o temos xa instalado. Para elo imos a synaptic e autentificámonos como administradores.

No filtro rápido buscamos inkscape, que no noso caso está instalado, pero se non fora así o que teriamos que facer é marcalo e darlle a aplicar. Apareceranos en verde se todo saíu ben.

Unha vez instalado, se queremos acceder a el imos a inicio e buscámolo polo nome. É a icona que di “Editor de gráficos vectoriais Inkscape”. Accedemos ao programa.

Abrirásenos unha nova ventá principal de Inkscape, por defecto ábresenos un novo documento de inkscape, o que podemos ver no medio é o lenzo que é onde imos realizar o noso díptico.

Ao lado esquerdo encóntrase a paleta, que nos permitirá facer as figuras principais. Por exemplo podemos facer cadrados, esferas; cambiar a cor. coa paleta de colores que se atopa na parte inferior; facer polígonos regulares, que tamén podemos cambiar de cor, tamaño, etc... para desfacer os cambios realizados usamos a combinación de teclas “Ctrl+Z”, e iremos eliminando un a un os cambios ata onde queiramos chegar.

Na parte dereita temos ferramentas e diversas opcións máis utilizadas, que en ocasións localízanse na parte superior, onde está a barra de menús, igual que os controis.

Na esquina inferior dereita, temos o zoom, que fai que o lenzo se veza máis grande. Ayuda- Referencias de Teclado y ratón. Ábrenos unha ventá do noso navegador de internet onde nos aparecen todos los atallos posibles que podemos utilizar en inkscape. Na lista podemos encontrar todos os atallos entre elles encontramos por exemplo o que mencionamos antes de Ctrl+Z, etc.


Creación de textos

A continuación imos facer un exemplo dun díptico, para iso imos a Ficheiro- Novo e atopámonos con todas as posibilidades de ficheiros que podemos xerar.

Na opción abrir ábrenos un arquivo xa existente. Do mesmo xeito en abrir recentes dinos os últimos documentos que utilizamos.

Os arquivos gardaranse onde se especifique e coa extensión .svg , porémoslle o nome de EjemploDipticos. O documento queda gardado, no noso caso no escritorio.

O primeiro que imos facer para crear un díptico vai ser dividir o lenzo de tal maneira que teña as dimensións dun díptico, os tamaños de dípticos que imos realizar son:

  • ancho: 198
  • altura: 210

Para iso imos a Arquivo- Propiedades do documento e introducimos as medidas acordadas. Pero nós estámonos referindo a milímetros. En modo vertical. A continuación imos dividir o lenzo en 2 partes equitativamente iguais, para iso imos pintar unha liña que divida as dúas partes, utilizando a ferramenta de debuxar curvas Bézier e liñas rectas. Co rato facemos a liña recta e para que nos salga recta, hai que ter coidado de que con esta ferramenta fai mais dunha liña recta (de aí que saia outra liña vermella) para solucionalo dámoslle ao botón dereito do rato para acabar de debuxar a liña.

Para centrar a liña no lenzo pódese facer de diversas formas, unha delas sería mover manualmente a liña coas frechas, outra delas sería modificar os parámetros x,e,z e t en milímetros, no noso caso interésanos modificar o parámetro x, que é a coordenada horizontal de selección e pomos a 99, que é a metade de de 198 que é o que ten de ancho o díptico. Colocamos a liña un pouco máis pequena e cara arriba e facémolo co outro método.

Unha vez feitas as divisións pasamos a realizar a portada do díptico, para iso empezaremos por escribir o título utilizando a ferramenta de crear e editar obxectos de texto. Realizamos un recadro, mais ou menos o que pensamos que vai ocupar o titulo do díptico, sen preocuparnos demasiado xa que pode ser modificado posteriormente. A continuación podemos cambiar a cor da letra, así como a tipografía de letra, poñela en negra e cursiva, o tamaño, así como aliñar, centrado, dereita ou esquerda ou xustificar o texto. Se queremos modificar o tamaño do cadro de texto utilizaremos a ferramenta de selección e mantendo pulsada a tecla control e coas frechas podemos modificar o texto sen distorsiónalo. Se damos ao botón dereito do rato vemos as diferentes opcións que podemos obter, do mesmo xeito que as propiedades do obxecto. Unha das formas que podemos arranxar o da S de escribimos para que non quede separada sería aumentando mais o cadro de texto, pero hai diferentes formas de arranxalo.


Inserción de degradados

A continuación imos inserir unha imaxe ou logo para que o díptico non sexa tan serio, para iso imos a arquivo- importar, e buscamos nos directorios a imaxe que desexemos inserir. Dámoslle abrir e incrustar e colócanola no lenzo, nós imos modificar o tamaño da mesma pero lembrando que se non queremos que se distorsione a imaxe manteñamos pulsada a tecla control.

A continuación imos facer un degradado, este o imos facer de forma sinxela, creamos un rectángulo no lado de contraportada, e cambiamos a cor ao que desexemos. Para degradar, utilizamos a ferramenta Crear e editar degradados. Son uns eixos nos cales, se se van movendo chegaremos a conseguir o degradado que queremos. Se queremos que todo o díptico teña degradado, agrandamos o rectángulo, isto tamén se podería facer con capas, para que os fondos queden en capas inferiores ao resto de obxectos, pero isto é quizás demasiado complexo para empezar.


Introdución de imaxes no documento

Unha vez que temos o degradado correcto, imos introducir os logos da osluvi, imos inserir o logo da universidade de vigo, isto faise igual que fixemos coa imaxe do pingüín. Importar imaxe e incrustar. Escalámola ao tamaño que vexamos apropiado e igual facemos co logo da xunta. E colocamos os logos de forma apropiada no noso díptico de exemplo.

A Oficina de Software libre da universidade de vigo tamén ten logo, así que o imos a pór na contraportada, faríase igual que as imaxes anteriores. Pómolo a un tamaño adecuado e colocámolo onde queiramos.

O normal é que nas contraportadas se inclúan os colaboradores, patrocinadores, etc.. polo que imos meter un cadro de texto para ese contido da portada. Unha vez introducido o texto imos ver cal das opcións queda mellor, como fixemos anteriormente co outro texto, cambiar a cor da letra, así como a tipografía de letra,pola en negra e cursiva, o tamaño, así como aliñar, centrar dereita ou esquerda ou xustificar o texto. E finalmente colocamos o tamaño, pero lembrar que se non mantemos a tecla control premida quédasenos deformada a letra, e isto non é o que queremos conseguir, así pois damos control+Z e modificamos o tamaño.


Inserción de formas

Collemos unha espiral e cambiámoslle a cor de fondo e trazado, como podemos ver se lle damos click na parte inferior esquerda en recheo e bordo apareceranos un cadro con opcións de Recheo e bordos para modificalos.

No cal podemos cambiar a cor de trazo, do recheo e as diferentes opcións que isto permite, do mesmo xeito que facer degradado, opacidade, desenfoque, as gamas de cores, etc

Pódese ir mirando e xogando un pouco con todas estas opcións, o que nos interesa a nós é ter unha espiral sen ningún recheo, e imos cambiarlle o estilo de trazo e modificalo de maneira que quede algo completamente distinto ao que temos desde un principio. Cambiamos o ancho do trazado e no canto de se unha liña recta imos cambiar os guións, aplicámoslle un pouco de desenfoque, E volvemos cambiar a cor xogando coa paleta de cores, ata que nos guste o resultado. Unha vez realizado a espiral que nos guste, colocámola no sitio apropiado e podemos virala para que quede máis artístico, para que nos quede unha figura distinta ás correntes imos engadirlle unha estrela, á que a imos engadir efectos do mesmo xeito que fixemos coa espiral. Modificamos un pouco estas opcións ata atopar o resultado que nos guste.

Unha vez colocado, para acceder a esta opción pódese facer botón dereito e en recheo e bordo.


Créditos:

Este videomanual foi elaborado pola Oficina de Software Libre da Universidade de Vigo ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas Universidades coa SXMIT e incluído no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.

Licenza

O videotitorial de introdución a Inkscape, incluídos os vídeos que o compoñen, publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0. Isto permite que poida ser empregado pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre a ferramenta sobre a que trata como o seu uso para a realización de cursos de formación con este material...