Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Videotitorial de instalación de MySQL Workbench


Vídeotitorial de introducion a MySQL Workbench.

O titorial e os vídeos que o acompañan foron elaborados pola Oficina de Software Libre da Universidade de Vigo durante o ano 2011.

MySQLWorkbench.jpg

Instalación de MySQL e MySQL Workbench

Para comezar temos que instalar o servidor de MySQL, polo que abrimos Ubuntu Software Center e procuramos por mysql. Escollemos a opción de servidor de MySQL e o instalamos.

Unha vez instalado, indicamos o contrasinal do root, non debemos esquecelo xa que compre recordalo para a configuración do cliente.

Ao rematar, teremos MySQL instalado e funcionando. Agora é hora de instalar MySQL Workbench, que non está nos repositorios polo que temos que ir á web oficial para a súa descarga:

http://dev.mysql.com/downloads/workbench/

Escollemos a plataforma sobre a que o imos instalar e, a continuación, seleccionamos a versión que nos interesa en canto a arquitectura do noso sistema. Dun dobre clic ábresenos o centro de software de Ubuntu, onde temos q facer clic en instalar.


Instalación de base de datos de exemplo e configuración do contorno de traballo

Unha vez instalado, podemos acceder ao programa no menú Aplicacións -> Programación -> MySQL Workbench. Iniciarase a aplicación e, na pantalla de benvida seleccionaremos "Crear unha nova conexión" e damos un nome para a conexión. Para probar a conexión MySQL, prememos en "Test Connection" e empregamos o contrasinal de administrador definido anteriormente.

Se non hai problema, realizarase a conexión e poderemos facer conexión dende a pantalla de benvida.

Unha vez conectado instalaremos unha base de datos MySQL de proba: http://dev.mysql.com/doc/index-other.html

Descargamos por exemplo Sakila db.tar.gz e extraemos o seu contido. Abrimos o esquema do primeiro e o executamos, a continuación, os data e facemos o mesmo. Ao final só hai que actualizar a base de datos á esquerda, á beira de schemas. Neste punto, xa temos instalado e funcionando MySQL, MySQL Workbench e una de base de datos de exemplo.


De volta á páxina principal abriremos o terceiro arquivo descargado antes coa base de datos de exemplo dende "Open existing EER model".

(Opcional) Se non desexamos que MySQL inicie cando arranca o noso PC precisamos editar o arquivo de configuración:

$ sudo gedit /etc/init/mysql.conf

e engadimos despois de "start on (" "never and". Pechamos e gardamos os cambios.

Para crear ligazóns para iniciar e deter MySQL: facemos clic co botón dereito en Aplicacións -> Menú Editar menú -> Programación -> menú nuevo. Nome: MySQL e creamos tres novos elementos que sexan terminal de comandos e introducimos:

   Para iniciar o servidor: /etc/init.d/mysql start
   Para deter o servidor: /etc/init.d/mysql stop
   Para reiniciar o servidor: /etc/init.d/mysql restart


Créditos:

Este videomanual foi elaborado pola Oficina de Software Libre da Universidade de Vigo ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas Universidades coa SXMIT e incluído no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.

Licenza

O videotitorial de instalación de MySQL Workbench, incluídos os vídeos que o compoñen, publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0. Isto permite que poida ser empregado pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre a ferramenta sobre a que trata como o seu uso para a realización de cursos de formación con este material...