Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Videotitorial de instalación de Elgg


Vídeotitorial dos pasos a seguir para a instalación da rede social ELGG.

O titorial e os vídeos que o acompañan foron elaborados pola Oficina de Software Libre da Universidade de Vigo durante o ano 2011.

Elgg.jpg

Instalación de ELGG

Para traballar con LAMP no noso servidor cómpre instalar e configurar LAMP (Linux, Apache, MySQL, PHP).

Instalación de Apache

Comezamos con Apache (web server libre e de código aberto moi popular en canto ao seu uso).

$ Sudo apt-get install \ 
        apache2 \
        apache2-doc \ 
        apache2-utils \ 
        libapr1 \ 
        libexpat1 \ 
        SSL-cert

Unha vez instalado, imos ao directorio onde apache garda os sitios dispoñibles do servidor e configuramos a web por defecto para Elgg. Editamos /etc/apache2/sites-available/default e para a entrada do directorio /var/www cambiamos a liña a:

AllowOverride All

A continuación, habilitamos os módulos de Apache necesarios para o bo funcionamento de Elgg:

$ sudo a2enmod SSL
$ sudo a2enmod rewrite
$ sudo a2enmod include

E, finalmente, reiniciamos o servidor:

$ sudo /etc/init.d/apache2 restart


Instalación de PHP

O seguinte paso é instalar PHP (unha linguaxe de programación moi potente que, xunto con html, pode crear sitios dinámicos) e os paquetes Elgg necesarios para funcionar:

$ sudo apt-get install \ 
	php5 \
	php5-gd \ 
	php5-mysql


Instalación de MySQL server

Instalamos MySQL server (un sistema de xestión de base de datos relacional, multithreading, multiusuario). Na metade da instalación pídenos o contrasinal de administrador, o cal debemos lembrar.

$ sudo apt-get install mysql-server

Creación da base de datos para ELGG

Despois de instalar MySQL, debemos crear a base de datos para Elgg.

$ mysql -h localhost -u root -p</pre<

Onde "localhost" é a dirección do servidor e "root" e o nome do usuario. A continuación, escribimos o contrasinal da base de datos.

<pre>CREATE DATABASE elgg;

Creación do directorio de datos para ELGG

Finalmente, creamos o directorio de datos para Elgg nunha ubicación distinta do cartafol de instalación do Elgg e concedemos os permisos.

$ sudo mkdir /usr/local/elggdata
$ sudo chmod 777 /usr/local/elggdata


Descarga e instalación de ELGG

Despois de configurar todo isto, só compre descargar Elgg dende o sitio web http://elgg.org/download.php onde escollemos a versión máis recente dispoñible para descargar. Para poder ter un paquete de idioma procuraremos na sección "plugins", onde seleccionaremos os paquetes de idioma que nos interesen.

Descomprimimos os dous arquivos zip e copiamos o contido do paquete de idioma no cartafol de Elgg e o movemos a /var/www

$ cd /var/www
$ dudo ln -s elgg1.8b1 elgg

Elgg pídenos facer unha copia do arquivo htaccess e permisos sobre a carpeta engine/

$ cd /var/www/elgg
$ sudo cp htaccess_dist .htaccess
$ sudo chmod 777 engine

Despois de reiniciar visitamos http://localhost/elgg/install.php

Seguimos os pasos de instalación enchendo os datos necesarios.


Unha vez iniciado Elgg, o primeiro que facer será cambiar o idioma. Para iso imos a Configure -> Settings -> Basic Settings -> The default language for your site -> Español e comprobamos que os cambios foron aplicados.


Créditos:

Este videomanual foi elaborado pola Oficina de Software Libre da Universidade de Vigo ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas Universidades coa SXMIT e incluído no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.

Licenza

O videotitorial de instalación de Elgg, incluídos os vídeos que o compoñen, publícase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0. Isto permite que poida ser empregado pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre a ferramenta sobre a que trata como o seu uso para a realización de cursos de formación con este material...