Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Videotitorial de compilación do kernel

Vídeotitorial no que se describen os pasos a dar para instalar e configurar o kernel.

O titorial e os vídeos que o acompañan foron elaborados pola Oficina de Software Libre da Universidade de Vigo durante o ano 2011.

Kernel-linux.jpg

Configuración do kernel

O primeiro paso é obter as ferramentas que cómpren para poder compilar o kernel a medida: Paquetes build-essential e kernel-package.

sudo apt-get install build-essential kernel-package<pre>

Obter as fontes do kernel. 
Podemos atopar o kernel en www.kernel.org ou nos repositorios de Ubuntu. Nós usaremos o comando:

<pre>sudo apt-get install linux-source

O arquivo descargado ten o nome no seguinte formato: "linux-source-version.tar.bz2" e atópase en /usr/src

Cambia o directorio a /usr/src e descomprime o arquivo co comando:

sudo tar jxvf linux-source-nºversion.tar.bz2

Creará un directorio chamado linux-source-nºversion.

Crearemos unha ligazón simbólica a este cartafol para a nosa comodidade co comando:

sudo ln -s linux-source-nºversion linux

Feito isto podemos proceder coa *configuración do kernel*.

Existen varias maneiras de configurar o kernel, sendo as dúas máis empregadas “menuconfig” e “xconfig”. A diferenza é que na primeira non cómpre ter Xwindows. Usaremos “menuconfig”. Antes debemos instalar o paquete libncurses5-dev:

sudo apt-get install libncurses5-dev

Partiremos dunha configuración coñecida. No cartafol /boot atoparemos un ficheiro co nome config-2.6.8.1-3-386. É un ficheiro coa configuración actual do kernel. Para partir dende este arquivo e comezar compilando o novo kernel cómpre copiar o ficheiro a /usr/src/linux-source-nºver pero co nome rematado en .config.

cd /usr/src/linux
cp /boot/config-nºver.config

Agora (atopándonos en /usr/src/linux) podemos facer:

make oldconfig menuconfig

Poderemos configurar as opcións do núcleo. Coidado! hai moitos módulos críticos que se non seleccionamos, non funcionará o noso sistema. Nós utilizamos unha configuración previa, para evitar este problema.

Para construír o paquete do kernel usamos:

make -kpkg clean
make -kpkg –append-to-version=.XXXX –initrd kernel-image

onde XXXX é unha secuencia de caracteres á elección do usuario. Este proceso pode levar moito tempo.


Instalación do kernel

Unha vez rematado o proceso de compilación, no cartafol /usr/src/ atópase o arquivo linux-image-nºversion.XXXX-10.00.custom-i386.deb, contén o kernel compilado e listo para a súa instalación:

dpkg -i linux-image-nºversion.XXXX-10.custom-i386.deb

Reiniciamos para iniciar o novo kernel.


Créditos:

Este videomanual foi elaborado pola Oficina de Software Libre da Universidade de Vigo ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas Universidades coa SXMIT e incluído no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.

Licenza

O videotitorial de compilación do kernel, incluídos os vídeos que o compoñen, publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0. Isto permite que poida ser empregado pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre a ferramenta sobre a que trata como o seu uso para a realización de cursos de formación con este material...