Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Videotitorial de compartición de ficheiros en rede

Vídeotitorial no que se describen os pasos a dar para configurar a compartición de ficheiros por rede a través de Samba sobre Ubuntu.

O titorial e os vídeos que o acompañan foron elaborados pola Oficina de Software Libre da Universidade de Vigo durante o ano 2011.

Samba.png

Samba, compartición de ficheiros por rede

Para poder compartir ficheiros entre computadores conectados á mesma rede con sistemas Windows e GNU/Linux é preciso empregar Samba. Este programa permite que computadores con GNU/Linux ou Unix, en xeral, actúen como servidores ou clientes en redes Windows

Exemplo de configuración básica

Ficheiro de configuración /etc/samba/smb.conf

[global]
workgroup = nomeDoGrupo
[compartido]
comment = Arquivos
path = /home/nome_de_usuario/compartido
browseable = yes
read only = no
guest ok = yes
writable = yes
valid users = nome_de_usuario

Instalar o paquete samba: synaptic - buscar samba - descargar - Instalar paquete

Iremos a :

  • Lugares – documentos
  • Crear un cartafol para compartir.
  • Para compartir o cartafol usamos o botón dereito do rato sobre as opcións de compartir - compartir cartafol. Damos os permisos necesarios.
  • Como podemos ver a icona do cartafol vai cambiar. O novo debuxo indica que o elemento figura agora como compartido.
  • Para que os ficheiros sexan visibles nos equipos da rede haberá que cambiar a configuración da rede.
  • Na icona da rede, na esquina superior dereita - editamos os parámetros de auto eth0 (editar) (rede cableada).
Axustes de IPV4 modo Manual
dirección IP 10.0.0.1
Máscara 255.255.255.0.

Agora para ver os computadores que están na rede, imos a:

  • Rede na parte dereita da pantalla, e vemos que hai dous equipos. Satellit é a nosa máquina .
  • Así poderemos ver os arquivos e cartafoles que se están a compartir
  • Na primeira máquina compártense os cartafoles de música e vídeos.
  • Atopámonos nunha rede compartida con máis equipos, polo que aparecen os equipos alleos a nós.
  • Nós, estamos compartindo o cartafol que creamos anteriormente para compartir. Para facer a proba, creamos un novo documento para compartilo tamén.
  • Dende a outra máquina, creamos un cartafol para compartilo coa nosa, o cartafol en cuestión é descargas.


Configuración da rede local en modo gráfico

Para configurar a en Ubuntu empregue as ferramentas de interface de rede.

Para abrir esta ferramenta podes situarte na icona de conexión de rede e premer co botón dereito do rato, situado no panel de tarefas (parte superior dereita). Facemos clic en editar conexión.

Esta ferramenta de rede permítenos editar todas as conexións de rede que pódense atopar no noso ordenador:

  • Conexión con fíos.
  • Sen fíos.
  • Banda larga móbil.
  • Conexións VPN.
  • Conexións mediante DSL.

Nós configuraremos unha conexión de rede con fíos.

Para cambiar a configuración IP imos a IPv4 e seleccionamos o método manual.

Engadimos a dirección IP, a máscara de rede e a porta de enlace.

Se queremos navegar por internet empregando os servidores de nomes como: www.google.es ou www.yahoo.com introducimos algún servidor de DNS (10.0.0.1).

Aceptamos para aplicar os cambios realizados e xa temos configurada unha rede IP.


Comprobar a conexión: ping

Co comando ping podemos comprobar se dous equipos da mesma rede teñen conexión e poden por tanto compartir ficheiros.

O comando ifconfig devolverá a dirección IP (eth0:inet:X.X.X.X) O derradeiro X ten que ser diferente en ambas máquinas mais ten que estar na mesma subrede. Para ver que funcione podemos usar ping entre as dúas máquinas, se responde é que as 2 máquinas están conectadas e debemos poder ver os arquivos compartimos por rede.


Créditos:

Este videomanual foi elaborado pola Oficina de Software Libre da Universidade de Vigo ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas Universidades coa SXMIT e incluído no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.

Licenza

O videotitorial de compartición de ficheiros en rede, incluídos os vídeos que o compoñen, publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0. Isto permite que poida ser empregado pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre a ferramenta sobre a que trata como o seu uso para a realización de cursos de formación con este material...