Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Videotitoriais dos primeiros pasos co writer

Writer.png Nesta páxina recóllense unha serie de vídeotitoriais de introdución aos primeiros pasos co Writer, explícase como formatar un documento, como empregar táboas, imaxes, como combinar correspondencia ...

Estes vídeos son un complemento audiovisual ao material do curso de teleformación Primeiros pasos co writer elaborado tamén pola Oficina de Software Libre do CIXUG durante o ano 2012.

Primeiros pasos co LibreOffice Writer

  1. Titorial de introdución ás ferramentas de formatado
  2. Titorial de introdución ás opcións de formatado dos caracteres
  3. Titorial de introdución ás opcións de formatado de parágrafo
  4. Titorial de introdución ao uso de quebra de páxina
  5. Titorial de introdución ao uso de viñetas e numeración
  6. Titorial de introdución ao uso de caracteres especiais
  7. Titorial de introdución ao uso de imaxes nos documentos
  8. Titorial de introdución ao uso e edición de táboas
  9. Titorial de introdución ao uso de hiperligazóns
  10. Titorial de introdución ao uso de fórmulas matemáticas
  11. Titorial de introdución ao uso de comentarios
  12. Titorial de cómo inserir diversos tipos de obxectos nos documentos
  13. Titorial de introdución ao uso de combinación de correspondencia
  14. Titorial de introdución ao uso de combinación de correspondencia a través de correo electrónico
  15. Titorial de introdución ao uso de distintos tipos de campos nos documentos

Licenza

Este material publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material.

Autoría

Todo o material foi elaborado pola Oficina de Software Libre do CIXUG ao abeiro do Convenio de Colaboración coa AMTEGA para a promoción do Software Libre no ámbito universitario e dentro do marco das actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.