Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Videotitoriais dos primeiros pasos co impress

Impress.png Nesta páxina recóllense unha serie de vídeotitoriais de introdución aos primeiros pasos co Impress, explícase como crear unha presentación, como traballar coas distintas seccións da interface do Impress, como engadir imaxes, como facer transicións e efectos nas diapositivas ...

Estes vídeos son un complemento audiovisual ao material do curso de teleformación Primeiros pasos co impress elaborado tamén pola Oficina de Software Libre do CIXUG durante o ano 2012.

Primeiros pasos co LibreOffice Impress

  1. Titorial sobre como facer animacións e efectos nas presentacións
  2. Titorial de introdución xeral ao Impress
  3. Titorial sobre como copiar e mover elementos nas presentacións
  4. Titorial de introdución ao deseño das diapositivas
  5. Titorial de introdución á creación de diapositivas a través do esquema
  6. Titorial de introdución ao uso das gráficas
  7. Titorial de introdución á inserción de novos elementos nas presentacións
  8. Titorial de introdución ao uso de notas e á impresión
  9. Titorial sobre como crear unha nova presentación
  10. Titorial de introdución ao uso de páxinas principais
  11. Titorial sobre como crear a presentación final
  12. Titorial de introdución ao traballo con imaxes


Licenza

Este material publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material.

Autoría

Todo o material foi elaborado pola Oficina de Software Libre do CIXUG ao abeiro do Convenio de Colaboración coa AMTEGA para a promoción do Software Libre no ámbito universitario e dentro do marco das actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.