Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Videotitoriais de introdución ao uso de LibreOffice

Intro-libo.png Nesta páxina recóllense unha serie de vídeotitoriais de introdución ao uso básico de LibreOffice. Dende a súa instalación en Windows, facendo un breve percorrido polas características dos distintos aplicativos que compoñen esta suite, así como unha introdución ás características básicas xerais comúns aos distintos documentos que se poden crear con eles e chegando a introducirnos no uso de estilos e modelos.

Estes vídeos son un complemento audiovisual ao material do curso de teleformación Introdución ao uso de LibreOffice elaborado tamén pola Oficina de Software Libre do CIXUG durante o ano 2012.

Introdución a LibreOffice

Os seguintes videotitoriais complementan visualmente os contidos recollidos no primeiro capítulo do curso de Introdución ao uso de LibreOffice: Introdución a LibreOffice

  1. Titorial de instalación de LibreOffice en Windows
  2. Titorial de introdución xeral á suite LibreOffice
  3. Titorial de introdución aos compoñentes principais da suite LibreOffice
  4. Titorial de introdución a diversas funcións da suite LibreOffice (uso de modelos, extensións...)
  5. Titorial de introdución ao formato estándar aberto odf
  6. Titorial de introdución á interface de LibreOffice
  7. Titorial de introdución a funcións básicas. Creación de documentos novos.
  8. Titorial de introdución a funcións básicas. Pechar documentos.
  9. Titorial de introdución a funcións básicas. Gardar documentos.
  10. Titorial de introdución a LibreOffice Base

Configuración de LibreOffice

Os seguintes videotitoriais complementan visualmente os contidos recollidos no segundo capítulo do curso de Introdución ao uso de LibreOffice: Configuración de LibreOffice

  1. Titorial de introdución ás propiedades dos documentos
  2. Titorial de descrición dos elementos fundamentais dos documentos
  3. Titorial de introdución ao formato de páxina
  4. Titorial de introdución ao uso de tipos de letra
  5. Titorial de accións básicas sobre un texto seleccionado
  6. Titorial de introdución ás funcións de busca e substitución

Estilos e modelos

Os seguintes videotitoriais complementan visualmente os contidos recollidos no terceiro capítulo do curso de Introdución ao uso de LibreOffice: Estilos e modelos

  1. Titorial de introdución ao formatado de parágrafos
  2. Titorial de introdución á definición e uso de estilos de parágrafos
  3. Titorial de introdución a outros estilos de formatado
  4. Titorial de introdución ao formatado de índices e táboas

Licenza

Este material publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material.

Autoría

Todo o material foi elaborado pola Oficina de Software Libre do CIXUG ao abeiro do Convenio de Colaboración coa AMTEGA para a promoción do Software Libre no ámbito universitario e dentro do marco das actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.