Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Vantaxes e desvantaxes do SwL

Vantaxes

Quen empregue SwL beneficiarase das seguintes vantaxes (simple enumeración):

  • Liberdade, licenzas libres e abertas
  • Emprego de estándares abertos recoñecidos por organizacións internacionais oficiais
  • Aforro económico grazas a un mellor TCO (Custe Total da Propiedade) a medio prazo
  • Legalidade de implantación
  • Ética
  • Control da Tecnoloxía
  • Independencia do subministrador
  • Colaborar a xerar riqueza endóxena
  • Fomento da libre competencia ao basearse en prestacións de servizos
  • Adaptabilidade (tecnolóxica, económica, cultural -galego-)
  • Fomenta a cultura endóxena (galego)
  • Garantía de éxito
  • Desenvolvemento exponencial
  • Politicamente neutral
  • Seguridade xeral (virus, respostas a erros de seguridade...)
  • Sen portas traseiras inspectoras que comprometan a nosa privacidade
  • Repositorios de Sw habitualmente aloxados en organismos públicos ou entidades de prestixio
  • Formatos abertos e estándares que garanten a perdurabilidade dos datos que conteñan
  • Garantía de continuidade (a comunidade non está suxeita a quebras ou adquisicións empresariais)
  • Recomendado pola UE, ONU, UNESCO...

Desvantaxes

Quen empregue SwL deberá enfrontar certas desvantaxes, non sempre referidas directamente ao SwL senón que vencelladas a causas externas (simple enumeración):

  • Costumes e inercias adquiridos
  • Calquera cambio implica medo
  • Curva de aprendizaxe
  • Custe inicial da migración
  • Venda maioritaria de equipos con sistemas privativos xa instalados
  • Menor cantidade de hardware compatíbel
  • Ausencia de determinados aplicativos substitutivos
  • FUDs (Fear, Uncertainty, Doubt ou Medo, Incerteza e Dúbida)

Breve análise comparativa

Nunha primeira comparativa dos puntos reflectidos podemos comprobar que son moitos e, sobre todo, cruciais os puntos favorábeis. Consecuencia disto é a crecente demanda de servizos profesionais especializados ou a ampla colección de empresas, gobernos e institucións que arredor de todo o mundo están a tomar cartas no asunto na procura da vantaxe competitiva que implica a súa inmediata adopción.

No canto das desvantaxes, as empresas fornecedoras TIC han de ser conscientes que o maior atranco co que se atopará calquera proceso migratorio a SwL vén referido ao factor humano, concretamente aos costumes e inercias adquiridos. Recoméndase dotar a este aspecto das máximas precaucións, como así o sinalan as “Directrices IDA de migración a software de fontes abertas” elaboradas polo organismo promovido pola Comisión Europea IDABC (IDABC stands for Interoperable Delivery of European eGovernment Services to public Administrations, Businesses and Citizens).

O feito de que moitos fornecedores de hardware aínda persistan ofertando sistemas privativos xa instalados nos equipos que venden considérase como unha das principais razóns que están a impedir unha maior velocidade de adopción polo público xeral xunto ao propio descoñecemento desta alternativa.

Con todo, os casos de migración adoitan dar como resultado contornas heteroxéneas (varios sistemas operativos, varios aplicativos equivalentes). Isto case sempre é consecuencia do interese por manter a maior interacción posíbel así como poder seguir empregando determinados aplicativos que aínda non están suficientemente elaborados en SwL como substitutivos, por exemplo os de tipo CAD ou PLM. Noutras ocasións isto vén provocado por estaren cativos os datos ao formato privativo no que foron gardados. Velaquí a importancia e vantaxe do SwL ao decantarse por formatos abertos e estándares. Fóra destes puntos, é abrumadora a calidade e cantidade de vantaxes que ofrece o SwL.

Licenza desta guía

Esta guía forma parte da documentación de apoio para a capacitación TIC en SwL e foi elaborada por Roberto Brenlla, consultor en TEGNIX para o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza – Mancomún. Distribúese baixo as condicións dunha Licenza Creative Commons: Recoñecemento-CompartirIgual 3.0