Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

VIII Xornadas de Introdución a GNU/Linux de Ordes

Descrición:

Oitava edición da Xornada de introdución a GNU/Linux organizadas pola asociación Inestable do Concello de Ordes.

Estas xornadas consisten en dous días de obradoiros e relatorios sobre diversos aspectos do sistema operativo GNU/Linux e do software libre en xeral, a través dos cales os membros desta asociación queren achegar ao público asistente os beneficios de empregar dito software. Ademais dun completo programa de relatorios, durante a celebración destas xornadas fíxose tamén unha demostración da vertente máis lúdica do software libre poñendo a disposición de todos os xogos:

  • Stepmanía: Simulador do clásico xogo de baile arcade "Dance Dance Revolution"
  • UltraStar De Luxe: Xogo inspirado no Singstar™ para a Playstation®
  • Frets on Fire: Xogo de características similares ao coñecido Guitar Hero™

Tamén ser realizaron actividades demostrativas con máquinas antigas funcionando con Linex colegios, MiniNo e Trisquel.

Cartel das Xornadas de GNU/Linux de Ordes 2011

Datas e lugar de celebración:

  • 1 e 2 de abril de 2010
  • Este ano a celebración destas xornadas foi no local social da asociación na Casa de Cultura de Ordes, habilitado grazas á inestimable colaboración do Concello de Ordes.

Programa

O programa completo das xornadas foi o seguinte:

Introdución ao software libre

Obradoiro de drupal

  • Conferenciante: Alberto Permuy

Porque internet non é software nin é libre

  • Conferenciante: Daniel Bañobre

Software libre na universidade (Formato barcamp)

Túneles IP cifrados con OpenSSH

Obradoiro Arduino

Obradoiro de Lego iNXTable

  • Conferenciante: Nika Vidal

PKI, o concurso definitivo!

Na última sesión realizouse un concurso denominado “PKI” que consistía nunha especie de “Jeopardy” para o que se empregou o software GPL BYOJeopardy para facer preguntas relacionadas co visto nas Xornadas.

Impacto:

Estas xornadas teñen xa certa tradición no Concello de Ordes, despois de sete edicións. Este ano asistiron aos distintos relatorios ao redor de 100 persoas. Pódese ver a galería de fotografías realizadas durante a xornada e publicadas por Inestable.

Organiza:

Asociación Inestable de Ordes

Colaboran:

Concello de Ordes

Patrocina:

Esta actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.