Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Vídeomanuais

Descrición:

A Oficina de Sosftware Libre da UDC, co obxectivo de axudar aos novos usuarios no seu achegamento ao software libre e facilitar o cambio cara ás novas tecnoloxías e o acceso á información, creou unha nova sección, na súa web, onde poden atoparse os distintos vídeomanuais que a oficina vai elaborando. Videomanuais

Os vídeomanuais elaborados pola OSL consisten en vídeos curtos, de menos 10 minutos, nos que se amosa como se realizan pequenas tarefas básicas nos aplicativos libres máis empregados.

Documentación

No ano 2010, a OSL puxo a disposición de toda a comunidade unha colección de 9 vídeo manuais formativos sobre o emprego de diversos aplicativos libres:

No ano 2011, a OSL elaborou 4 novos vídeo manuais formativos sobre o uso de LibreOffice

Aplicativo OpenOffice.org/Libreoffice Writer

Aplicativo GIMP

Escritorio GNOME

Elaboraron tamén un vídeomanual explicando a técnica e metodoloxía empregada para a elaboración destes vídeos de xeito que calquera poida contribuír á creación de materiais formativos que permitan aos novos usuarios superar a barreira do descoñecido e da falta de información na súa lingua:

Todos os materiais levan unha licenza Creative Commons BY-SA.

Para maximizar e facilitar a súa difusión crearon tamén unha canle en Youtube onde están todos os vídeos dispoñibles.

Ademais da creación destes vídeomanuais subtitularon ao galego os seguintes vídeos de difusión sobre o software libre:

Organiza:

OSL da UDC

Patrocina:

Esta actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas 3 Universidades Públicas Galegas coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e incluído no plan de acción FLOSS da Xunta de Galicia dos anos 2010 e 2011.