Thunderbird
Descrición
O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org.
O obxectivo de Thunderbird é desenvolver un programa máis lixeiro e rápido mediante o redeseño do xestor de correo do Mozilla oficial. É multiplataforma e é software libre.
Entre as súas características podemos salientar que soporta os protocolos IMAP e POP, ademais do formato HTML; inclúe unha axenda persoal de enderezos; ten un poderoso motor de busca rápida; filtros avanzados de mensaxes; xestión do correo lixo con auto-aprendizaxe; posibilidade de integración con extensións de criptografía; permite ler RSS, etc.
Aínda que se trata de software libre, tanto o nome como o logo da marca "Thunderbird" son propiedade da Fundación Mozilla. Ao non ser copyleft, o seu uso pode implicar incompatibilidades con algunhas licenzas libres. Por este motivo, o Thunderbird da distribución Debian GNU/Linux chámase Icedove e o seu logo é diferente, aínda que se trata do mesmo programa coas mesmas funcionalidades descritas neste manual.
Sección de descargas
Descarga da tradución ao galego do Thunderbird desde mancomun.org
Manuais e axuda