Xunta de Galicia
Ferramentas persoais


Powered by MediaWiki

Sunbird

Sunbird logo.png

Descrición

Mozilla Sunbird ou Sunbird é unha aplicación independente baseada no complemento de calendario de Mozilla e que cumpre as súas funcións de axenda, lista de tarefas e calendario con alarmas.

Dispón dunha interface de deseño sinxelo, con varias posibilidades de visualización, e toda unha serie de funcións que che permitirán xestionar a túa vida cotiá tanto no aspecto laboral como persoal: programación de tarefas, citas, aniversarios e outros eventos importantes, ferramenta de alarmas, etc.

Unha das posibilidades máis interesantes que ofrece é a posibilidade de xestionar un calendario compartido para un grupo de persoas. É posible deste xeito a creación de calendarios colaborativos para grupos de traballo.

A aplicación utiliza ficheiros estándar do tipo .ics, os cales están aloxados nun servidor. O servidor web que servirá os calendarios deberá estar configurado en modo WEB-DAV, desta forma será posible gardar os cambios realizado polos clientes.

Sección de descargas

Sunbird 0.5

Sunbird 0.5 pódese descargar dende a sección de descargas da páxina de mancomun.org

Instrucións para a instalación da tradución

Para usar a tradución temos que instalar o complemento (ficheiro *.xpi) descargado da ligazón anterior. Para elo temos que abrir a ventá de complementos a través do menú Ferramentas do Sunbird e instalar o complemento descargado.

Feito isto, se temos o sistema operativo en galego, o Sunbird arrancará por defecto xa en galego.

Se non temos o sistema operativo en galego, temos dúas opcións:

  • Engadir o seguinte parámetro ao executar o Sunbird: -uilocale gl-ES
  • Instalar un complemento a maiores, o Locale Switcher, que permite seleccionar o idioma sen ter que poñer o parámetro anterior. Instálase, reiníciase Sunbird e xa aparece en "Ferramentas->Idiomas->Galego"

Manuais e axuda

Ligazóns

Ligazóns oficiais

Problemas da tradución actual