Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Software Libre e Licenciamento

Descrición:

Xornada de divulgación e formación dirixida ao alumnado dos Ciclos Superiores de Informática do IES Xulián Magariños de Negreira. Ghandalf

A xornada versou sobre a presentación e explicación de diversos aspectos relacionados co Software Libre e o seu licenciamento, tendo como obxectivo amosarlle a panorámica xeral do licenciamento (propiedade intelectual, dereitos de autor, licenzas) e a súa relación co Software Libre, facendo fincapé naquelas cuestións de máis interese dende o punto de vista de toma de decisións estratéxicas por parte dun prescritor de tecnoloxía.

Datas e lugar de celebración:

A Asociación Ghandalf realizou esta xornada en novembro de 2010 e debido ao éxito acadado repetiuna en outubro de 2012.

  • O lugar de celebración en ambas ocasións foi o IES Xulián Magariños de Negreira

Documentación:

Está dispoñible para a súa descarga a presentación empregada no relatorio tanto en formato pdf como en formato odp:

Impacto:

No ano 2010 asistiron máis de 30 alumnos e profesores do IES Xulián Magariños de Negreira. No ano 2012 asistiron o total dos 44 alumnos/as matriculados no Ciclo Formativo de Grao Superior de Informática do Centro, e varios membros do profesorado incluíndo todo o profesorado do Ciclo.

Organiza:

Asociación Ghandalf

Colaboran:

IES Xulián Magariños de Negreira

Patrocina:

Ambas xornadas contaron co patrocinio da Xunta de Galicia a través dos Convenios de colaboración asinado polas AGUSL coa Xunta de Galicia no marco do plan de acción de Software Libre da Xunta de Galicia dos respectivos anos nos que tiveron lugar estas xornadas.