Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Primeiros pasos co impress

Descrición

LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas.


O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos. LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.

Neste curso abordarase unha introdución ao uso do aplicativo de presentacións de LibreOffice, Impress.

Aquelas persoas que non teñan coñecementos básicos de instalación, configuración de LibreOffice, recomendámoslles que consulten o curso de Introdución ao uso de LibreOffice elaborado tamén pola OSL do CIXUG.

Neste curso trataranse os seguintes contidos

  • Partes da xanela de Impress
  • Traballando con vistas
  • Crear unha nova presentación
  • Dar formato a unha presentación
  • Diapositivas principais e estilos
  • Traballar con diapositivas principais
  • Engadir e dar formato ao texto
  • Crear táboas
  • Engadir debuxos, follas de cálculo, diagramas e outros obxectos
  • Engadir comentarios
  • Configurar a presentación final
  • Executar a presentación final

Descarga

O material está dispoñible en formato SCORM , en formato pdf para facilitar unha áxil visualización dos contidos e tamén en formato elppara empregar na ferramenta de edición de contidos exeLearning, o que permite que calquera poida modificar ou completar facilmente o curso para adaptalo ás súas necesidades sempre que cumpra adecuadamente coa licenza.

Primeiros pasos co Impress

Impress.png

Licenza

Este material publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material.

Autoría

Todo o material deste curso foi elaborado pola Oficina de Software Libre do CIXUG ao abeiro do Convenio de Colaboración coa AMTEGA para a promoción do Software Libre no ámbito universitario e dentro do marco das actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.