Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Prevención de Riscos Laborais no Uso das TIC

Descrición

Este curso fai unha revisión dos principais trastornos que podemos sufrir se traballamos coas TIC, as súas causas e as recomendacións para evitalos.

A imparable extensión do uso das novas tecnoloxías nos postos de traballo e na nosa vida cotiá provoca a incidencia de patoloxías que poden prexudicar de forma importante a nosa saúde. Podemos citar como exemplo os habituais e frecuentes dolores musculares na zona do pescozo e da espalda, a fatiga visual, o estrés, os trastornos musculares e esqueléticos, etc., xa que son os que se manifestan cunha maior frecuencia. Aparentemente, o uso das novas tecnoloxías non parece implicar riscos serios para a saúde. É evidente que existen outros sectores con riscos máis graves mais non por iso debemos descoidar o traballo que realizamos diante dun ordenador xa que presenta riscos específicos que é preciso coñecer.

O obxectivo deste curso é pois proporcionar unha ferramenta de axuda para as persoas que teñen relación co sector TIC na prevención de riscos laborais, achegando información e medidas de actuación para promover novas prácticas e hábitos saudables no traballo.

Descarga

Riscos.png

O material está dispoñible en formato SCORM así como en formato pdf para facilitar unha áxil visualización dos contidos.

Consulta: (Formato pdf)

Descarga: (Formato SCORM)

Este material publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material.

Autoría:

O curso baixo o título "Prevención de Riscos Laborais no Uso das TIC " foi elaborado por AGASOL para a rede CeMIT dependente da AMTEGA para ofertalo a través da súa plataforma de teleformación “Espazo multimedia de aprendizaxe” (EMA) formando parte dos cursos de formación en alfabetización dixital en software libre.

A formación en software libre a través da rede CeMIT forma parte das distintas actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.