Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Potenciamiento do proxecto de solidaridade social no eido das TIC “GALPon MiniNo”

Descrición:

GALPon MiniNo é unha distribución GNU/Linux que ten por obxectivo ser razoablemente útil en computadores moi antigos e con baixo recursos. Non pretende ser unha solución ultrarrápida para equipos de última xeración senón unha aposta pola sustentabilidade e reciclaxe TIC, en aras da redución do lixo hardware que se acumula no noso planeta a velocidades vertixinosas, ademais dunha proposta para a alfabetización TIC con baixo recursos. Galpon Galpon MiniNo

Esta distribución é desenvolvida por voluntarios. Dende o ano 2010 conta con financiamento da Xunta de Galicia para a difusión e o potenciamento do proxecto.

Un gran recoñecemento por parte da comunidade do software libre ao traballo realizado nesta distribución é a súa inclusión na páxina Distrowatch despois de dous anos solicitándoo.

Minino.png

Actividades de difusión do proxecto

Presentación no software Freedom Day

O 18 de setembro celebrouse internacionalmente o Software Freedom Day e a asociación GALPon escolleu esa data para facer a presentación oficial da última versión de MiniNo. A celebración do Software Freedom Day en Galicia foi en Mugardos, da man da Asociación Cultural «Comunidade O Zulo», quen no marco do Ciberencontro Kernel 2010, quixo sumarse a esta festividade organizando unha xornada de confraternización da toda a comunidade galega a prol do software libre, representada pola maioría dos grupos e asociacións galegas de usuarios de software libre existentes e AGASOL. SFD logo2010.png

Presentación na V Semana de software libre de Tudela

A promoción desta distribución, ademais da celebrada en Mugardos, fíxose tamén en Tudela (Navarra) no mes de novembro, no decurso da V Semana de Software Libre a través da conferencia “Renueva tu antiguo PC con MiniNo” presentada polos coordinadores do proxecto, Miguel Anxo Bouzada e Antonio Sánchez León. SwL

I Minino DevConf

GALPon organizou tamén a I MiniNo DevConf en Vigo. Tratouse dunha xornada de traballo na que os desenvolvedores e colaboradores da distribución se reuniron para organizar o traballo do vindeiro ano e debater sobre as posibilidades de futuro do proxecto. 100px]MiniNo

II Minino DevConf

GALPon organizou no ano 2011 a II MiniNo DevConf en Vigo, na que os desenvolvedores e colaboradores da distribución se reuniron para organizar o traballo do vindeiro ano e debater sobre as posibilidades de futuro do proxecto. Conclusións da xornada

Durante a xornada amosaron tamén un vídeo sobre incompatibilidades "arrastrar-soltar-executar" Ademais presentouse un vídeo de proba de concepto de PicarOS, unha adaptación de GALPon MiniNo dirixida a cativos.

100px]MiniNo

Patrocina:

Esta actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL para a promoción do Software Libre en Galicia e incluídas no marco do plan de acción Software Libre da Xunta de Galicia dos anos 2010 e 2011.