Portada

De Wiki Mancomun

O wiki de Mancomún naceu como punto de encontro para a xestión, documentación e seguimento dos proxectos de tradución e localización de software que se promovían desde o portal Mancomún.

Co paso do tempo, grazas á súa utilidade como ferramenta de traballo colaborativo, este servizo foi evolucionando incorporando diversa documentación sobre os aplicativos desenvolvidos/promovidos dende Mancomún, e mesmo para a organización de xornadas, congresos ..., conxuntamente coa comunidade.

No 2010 converteuse no repositorio documental no que recoller toda a documentación multimedia xerada nas distintas actividades desenvolvidas no Plan de Acción FLOSS da Xunta de Galicia.

A edición deste wiki está aberta á colaboración de calquera sen máis que rexistrarse previamente.

Animámosvos a que fagades as vosas achegas, correccións... a calquera das seccións deste wiki contribuíndo así á creación de contidos de calidade en galego sobre o software libre.

Todo o contido deste wiki , salvo indicación expresa do contrario, distribúese baixo unha Licenza Creative Commons: Recoñecemento-CompartirIgual 3.0
Logo mancomun.png
Repositorio Documental FLOSS

Nesta sección preséntanse as páxinas que recollen o listado da documentación xerada polos distintos axentes do ecosistema FLOSS galego ao abeiro dos distintos convenios de colaboración asinados así como pola propia Xunta de Galicia para a promoción do FLOSS.

Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre:

LogoAGUSL.png

GALPonGHANDALFGPULInestableOUSLITrasno

Oficinas de Software Libre das Universidades Galegas:

Logouniversidades.png

OSL UDCOSL USCOSL UVIOSL CIXUG

Asociación de empresas galegas de software libre:

LogoAGASOL.png

AGASOL

Xunta de Galicia:

LogoXunta.png

Xunta de Galicia

Documentación por anualidades
Listado da documentación xerada polos distintos axentes do ecosistema do Software Libre galego ao abeiro dos distintos convenios de colaboración asinados coa Xunta de Galicia para a promoción do Software Libre en Galicia.

Documentación xerada no 2010
Documentación xerada no 2011
Documentación xerada no 2012
Logo mancomun.png
Proxectos de tradución
Logo mancomun.png
Manuais

Esta sección recolle o listado de Manuais ou breves guías elaborados ou traducidos dende Mancomún ao longo do tempo.



Logo mancomun.png
Ferramentas lingüísticas
Compilación de distintas ferramentas lingüísticas relacionadas co idioma galego.

Trátase dun corpus paralelo que permite buscar palabras en inglés ou en galego nalgún dos distintos proxectos almacenados e devolve parellas de frases inglés-galego nas que se atopa o texto procurado e o texto traducido correspondente.

O obxectivo da guía de estilo de mancomun.org é establecer as normas que se aplican nas nosas localizacións de software. É un recurso que se complementa co corpus lingüístico do OpenOffice.org, permitindo así garantir a coherencia nas traducións entre programas.

  • Glosario de termos tecnolóxicos inglés-galego

Segue as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego publicadas pola Real Academia Galega en decembro de 2003 (décimo oitava edición). Desenvolveuse ao longo do traballo de localización do OpenOffice.org, Firefox, Thunderbird, Pidgin.