Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Openshot - unha ferramenta en software libre para a edición de vídeo

Descrición

Este curso percorre as principais funcionalidades da ferramenta de edición de vídeo Openshot dende un punto de vista práctico e cun enfoque didáctico axeitado para persoas que non tiveran contacto previo con esta ferramenta.

O manexo de vídeos precisa, habitualmente, varias ferramentas para levar a cabo as necesidades de traballo que nos poidan xurdir: reproducir películas, editar os nosos propios vídeos, gravar un DVD para ver na televisión... Para cubrir todas estas necesidades existen moitas ferramentas de software libre que nos achegan solucións óptimas. Este curso céntrase na ferramenta Openshot que nos permite crear presentacións multimedia coas nosas imaxes, editar vídeos caseiros, crear anuncios, películas en liña...

Os obxectivos concretos do curso son adquirir coñecementos básicos sobre formatos de vídeo, a edición e a montaxe de vídeo para a creación de contidos multimedia así como aprender a empregar as ferramentas básicas que ofrece Openshot para a edición de vídeo.

Descarga

Openshot.png

O material está dispoñible en formato SCORM así como en formato pdf para facilitar unha áxil visualización dos contidos.

Consulta: (Formato pdf)

Descarga: (Formato SCORM)

Este material publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material.

Autoría:

O curso baixo o título "Openshot: unha ferramenta en software libre para a edición de vídeo" foi elaborado por AGASOL para a rede CeMIT dependente da AMTEGA para ofertalo a través da súa plataforma de teleformación “Espazo multimedia de aprendizaxe” (EMA) formando parte dos cursos de formación en alfabetización dixital en software libre.

A formación en software libre a través da rede CeMIT forma parte das distintas actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.

Este material baséase no curso Curso de Formación sobre ferramentas de video en software libre elaborado no ano 2011 por AGASOL a través das empresas Tagen Ata e TEGNIX co financiamento da Xunta de Galicia para a realización de actividades de difusión e de formación para promover a escola Abalar