Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

OpenOffice.org

Openoffice banner.png

Descrición

OpenOffice.org é un conxunto de aplicacións de oficina creado a partir da StarOffice de Sun Microsystems e licenciada como software libre baixo os termos da LGPL ou da SISSL. Está dispoñible para Microsoft Windows, sistemas UNIX, (Linux...) e Mac OS X.

A última versión estable desta suite ofimática é a 3.0.0

OpenOffice.org está formado por:

  • Writer (procesador de texto)
  • Calc (folla de cálculo)
  • Draw (deseño gráfico)
  • Impress (programa de presentacións)
  • Math (editor de fórmulas matemáticas)
  • Base (base de datos)
  • Un editor visual de páxinas web.
  • Un gravador de macros.
  • Filtros para a importación de ficheiros con formatos de Microsoft Word e outros e para exportación a PDF e Macromedia Flash.



Estado actual da localización ao galego

A versión actualmente dispoñible é a 3.0.0 coa interface totalmente traducida ao galego e a axuda traducida case por completo.

Sección de descargas

Para descargar as distintas versións do OpenOffice tanto para GNU/Linux, Windows ou Mac visite a seguinte páxina:

Descarga de OpenOffice.org dende Mancomun.org

Instrucións de instalación

Windows

Instalación completa

Requirimentos mínimos:

Windows 2000 (Service Pack 2 ou superior), Windows XP, Windows 2003, Windows Vista
256 MB RAM (Mínimo, 512Mb Recomendado)
Aproximadamente 440 MB de espazo dispoñible

Resolución 1024 x 768 ou superior con polo menos 256 cores

Instalación:

  • Executar o ficheiro Ooo_3.0.0_Win32Intel_install_wJRE_gl.exe
  • Prema en "Seguinte" (Next) na pantalla de benvida á preparación da instalación.

Instalar OOo3 1.jpg

  • Elixa o cartafol de destino onde se descomprimirán os ficheiros de instalación do OpenOffice e prema en "Descomprimir".

Instalar OOo3 2.jpg

  • Unha vez feito isto o programa de instalación arrincará automaticamente.
  • Para comezar a instalación deberá premer en "Seguinte" na pantalla de benvida á instalación.

Instalar OOo3 3.jpg


  • Encha o formulario da pantalla "Información do usuario", e prema en "Seguinte".

Instalar OOo3 4.jpg

  • Escolla "Instalación completa" e prema en "Seguinte".

Instalar OOo3 5.jpg

  • Para continuar a instalación prema en "Instalar".

Instalar OOo3 6.jpg

  • Unha vez finalizada a instalación prema en "Concluír".

Instalar OOo3 7.jpg


Instalación do paquete de idioma

O paquete de idioma galego para OpenOffice.org necesita ter instalada a versión 3.0.0 do OpenOffice.org en calquera outro idioma.

Instalación:

  • Executar o ficheiro Ooo_3.0.0_Win32Intel_langpack_gl.exe
  • Prema en "Seguinte" (Next) na pantalla de benvida á preparación da instalación.
  • Elixa o cartafol de destino onde se descomprimirán os ficheiros de instalación do paquete de idioma do OpenOffice e prema en "Descomprimir".
  • Unha vez feito isto o programa de instalación arrancará automaticamente.
  • Para comezar a instalación deberá premer en "Seguinte" na pantalla de benvida á instalación.
  • Prema en "Seguinte".
  • Escolla o cartafol onde está instalada a versión 3.0 do OpenOffice (por defecto xa aparece seleccionado) e prema en "Seguinte".
  • Para continuar a instalación prema en "Instalar".
  • Unha vez finalizada a instalación prema en "Concluír".

GNU/Linux

Instalación baseada en DEB

  • Requirimentos:

Linux Kernel 2.4 ou superior.
XServer (resolución mínima 1024x768 e 256 cores) con administrador de ventás (p.ex. GNOME).
PC con procesador Pentium ou compatible.
256 MB de memoria RAM (512 recomendado).
400 MB de espazo en disco
Instalación de glibc2 en versión 2.3.2 ou superior.

  • Antes de nada debería desinstalar o OpenOffice.org que teña instalado no seu computador, tanto sexa o de mancomun.org como o da súa distribución de GNU/Linux.
  • Descarge o ficheiro que se corresponda coa súa arquitectura (X86 para 32 bits e X86-64 para 64 bits) e descomprimao nun directorio. Neste exemplo o comando descomprime no directorio actual:

Para 32 bits:
tar xvzf OOo_3.0.0_LinuxIntel_install_gl_deb.tar.gz

Para 64 bits:
tar xvzf OOo_3.0.0_LinuxX86-64_install_gl_deb.tar.gz

Se é preciso teclee 'su' para ter privilexios de administrador (root).

  • Teclee cd co nome do directorio onde estean descomprimidos os ficheiros de instalación de OpenOffice.org.
  • Para instalar procederemos a teclear:
dpkg -i *.deb

Instalación baseada en RPM

  • Requirimentos:

Linux Kernel 2.4 ou superior.
XServer (resolución mínima 1024x768 e 256 cores) con administrador de ventás (p.ex. GNOME).
PC con procesador Pentium ou compatible.
256 MB de memoria RAM (512 recomendado).
400 MB de espazo en disco
Instalación de glibc2 en versión 2.3.2 ou superior.

  • Antes de nada debería desinstalar o OpenOffice.org que teña instalado no seu computador, tanto sexa o de mancomun.org como o da súa distribución de GNU/Linux.
  • Descarge o ficheiro que se corresponda coa súa arquitectura (X86 para 32 bits e X86-64 para 64 bits) e descomprimao nun directorio. Neste exemplo o comando descomprime no directorio actual:
Para 32 bits:
tar xvzf OOo_3.0.0_LinuxIntel_install_wJRE_gl.tar.gz

Para 64 bits:
tar xvzf OOo_3.0.0_LinuxX86-64_install_gl.tar.gz

Se é preciso teclee 'su' para ter privilexios de administrador (root).

  • Teclee cd co nome do directorio onde estean descomprimidos os ficheiros de instalación de OpenOffice.org.
  • Para instalar deberá teclear o seguinte:
rpm-Uvih *.rpm

para instalar o OpenOffice.org en galego.

  • Dentro da carpeta onde están descomprimidos os ficheiros de instalación do OpenOffice.org tamén hai unha carpeta que se chama "desktop-integration" e que contén os arquivos para integrar a instalación do OpenOffice.org co seu sistema GNU/Linux. Entre na carpeta e execute a instalación do paquete que se corresponda co seu sistema operativo GNU/Linux.

Por exemplo:

-se vostede ten Suse:
rpm -Uvih openoffice.org3.0-suse-menus-3.0-9354.noarch.rpm
-se vostede ten RedHat:
rpm -Uvih openoffice.org3.0-redhat-menus-3.0-9354.noarch.rpm

Mac OS X

Requirimentos

Mac OS X 10.4 (Tiger) ou superior
Procesador Intel
512MB RAM
400MB espazo en disco
1024x768 ou resolución superior con 16.7 millóns de cores

Instalación

  • Abrir o ficheiro OOo_3.0.0_MacOSXIntel_AQUA_install_gl.dmg que se atopa dispoñible no cartafol Mac deste CD.
  • Arrastrar a icona do OpenOffice ao cartafol de Aplicacións do Finder.
  • Na primeira execución aparecerá a secuencia de configuración.
  • Prema en “Seguinte” na pantalla de benvida.
  • Lea a licenza e escolla “Acepto os termos da licenza”. Prema en “Seguinte”.
  • Encha o formulario da pantalla “Información do usuario”, e prema en “Seguinte”. A información de usuario non é obrigatoria e pode modificarse posteriormente.
  • Unha vez finalizada a configuración prema en “Concluír”.

Recursos adicionais do OpenOffice.org en galego

Logotipos e banners

Se queres enlazarnos desde a túa páxina podes descargar a imaxe do OpenOffice.org en galego:

Manuais de OpenOffice.org

Na sección de descargas de mancomun.org está dispoñible a tradución ao galego feita por TEGNIX dalgúns capítulos da guía de OpenOffice de OOoAuthors.

OOoAuthors é un grupo de voluntarios que se adica a escribir documentación sobre OpenOffice.org Writer, Calc, Draw, Impress and Base en varios idiomas.

Máis información

Para información sobre as datas e características das futuras versións do OpenOffice.org visite:

Wiki de OpenOffice.org

Problemas detectados na tradución actual

No diálogo Opcións - Configuración de Idioma - Recursos ortográficos hai un botón que aparece: _:optlingu.src#...

No diálogo Estilo e formatado, ao despregar o filtro inferior para escoller que estilos se deben mostrar aparece: _:app.src#DLG_STYLE_DESIGNER.Paragraph_Styles.7.filterlist.textListarestilos e só debería aparecer Listar estilos Ao seleccionar estilos de caracter, de marco, de páxina... aparecen máis mensaxes de contexto deste tipo que hai que eliminar

Erro na tradución das cores "Sempre que se abre a ventá de cor, aparece unha cor repetida, verde claro. A segunda "verde claro" non corresponde a ningún verde, senón que é un azul.

Erro no paso 4 do asistente de instalación do OpenOffice.org (actualización en liña)