Xunta de Galicia
Ferramentas persoais


Powered by MediaWiki

MoinMoin

Descrición

MoinMoin é un motor de wiki escrito en Python cunha ampla comunidade de usuarios. O wiki permite a colaboración entre usuarios para editar páxinas web de forma sinxela. MoinMoin distribúese baixo a licenza GPL. A localización deste software foi levada a cabo pola Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña.

As características máis importantes de MoinMoin son:

  • Mantén copias de seguridade de todas as edicións realizadas nas páxinas.
  • Modelos de páxina configurables.
  • Soporte internacional: múltiples idiomas e sistemas de escritura, mediante o uso de codificacións Unicode.
  • Almacenamento en disco, non precisa dun xestor de bases de datos.
  • Extensible mediante complementos (plugins).
  • Soporte para reStructuredText.
  • Multiplataforma, funciona en calquera sistema operativo no que se dispoña de Python.

Instalación da localización

Diríxase á páxina http://moinmoin.wikiwikiweb.de/MoinMoinDownload para descargar MoinMoin. A localización foi probada satisfactoriamente coas versións 1.5.6 e 1.5.7 de MoinMoin, así que é recomendable que obteña unha delas. Descargue tamén o ficheiro gl.po na sección de descargas más abaixo.

Descomprima a distribución do software e copie o ficheiro gl.po no seu lugar correspondente:

  $ tar xvfz moin-1.5.7.tar.gz
  $ cp gl.po moin-1.5.7/MoinMoin/i18n

A continuación é preciso xerar unha serie de ficheiros a partir do gl.po engadido, para iso é suficiente con utilizar Make no lugar adecuado:

  $ (cd moin-1.5.7/MoinMoin/i18n && make)

Agora xa pode instalar MoinMoin do xeito habitual. Precisará privilexios de administrador para poder realizar este paso:

  # cd moin-1.5.7
  # python setup.py install

Descargas

Ficheiro de localización: gl.po

Ligazóns