Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Manual de Tina POS

Introdución

Terminal de vendas de código aberto, deseñado para pantallas táctiles.

Tina POS é unha aplicación punto de venda para comercios detallistas e establecementos de restauración.

As súas características máis importantes son:

  • Soporta impresoras de ticket ESC/POS polo porto serie como as populares Epson TM 88-II e III, visores de cliente como os Epson DM-D110/210 e lectores de códigos de barras para a introdución rápida de artigos.
  • Soporta pagos en metálico e con tarxetas. Soporta lectores de tarxetas magnéticas e conexións a pasarelas de pago para xestionar os pagos con tarxetas. Esta versión (0.0.22) só soporta a pasarela de pago de SECPay.
  • Como soporte de información emprega o estándar de acceso a bases de datos JDBC. Actualmente soporta HSQLSB, MySQL, Postgresql.
  • É multi-idioma.
  • É multi-usuario e o acceso ás opcións da aplicación está baseada en roles. Ten catro roles distintos para acceder á aplicación: Administrador, Xerente, Usuario ou Invitado. A ventá principal é a aplicación de vendas e está totalmente orientada a pantallas táctiles de modo que para operar non é necesario nin teclado nin rato, podendo estar ocultos mentres se realizan as operacións de venda.
  • Soporta edición de varias vendas simultaneamente, grandes facilidades de edición para a inserción de artigos mediante o teclado táctil numérico, o catálogo de produtos e o lector de código de barras.
  • Ten opcións de administración para xestionar usuarios, configurar a aplicación e cambiar o contrasinal de acceso do usuario da aplicación. Ten opcións de xerencia para facer peches de caixa, xestionar produtos, o catálogo de produtos e as categorías de produtos. Ademais ofrece informes de produtos, de peches de caixa e gráfico de vendas.

Instalación

Require ter instalado java versión 1.4 ou superior de Sun Microsystems. Se vas empregar impresora de ticket polo porto serie, debes ademais instalar Java comm 2.0 ou superior.

  1. Para instalar a aplicación, descarga o ficheiro e descomprimir nun cartafol da túa elección.
  2. Unha vez instalado, executa o ficheiro "tinapos.bat" en plataformas Windows ou "tinapos.sh" en plataformas Linux ou Mac OSX para arrincar a aplicación.
  3. Para configurar a aplicación entra como administrador e ir á opción de "Configuración". Aquí poderás escoller a base de datos: local ou remota, nome da caixa rexistradora, tamaño de pantalla e impresora.

Manual

Nesta pantalla escóllese o usuario co que imos iniciar a sesión de traballo no Tina POS, tamén podemos pechar a aplicación.

Incio tinapos.png


Menú principal

Ventá que se mostra ao validarse no Tina POS

Venta vendas tinapos.png


Ventá de vendas

Listado de categorías e produtos.

Venta vendas prods.png


Para confirmar un pago, temos que premer o botón de “ = ”, momento no que sae unha nova ventá na que se especifica o tipo de pago: efectivo, cheque, tarxeta, de balde...

Venta confirmo pago.png


Editar vendas

Lugar para facer devolucións ou reimprimir recibos.

Venta editar venda.png


Pagamentos

Lugar no que se fan ingresos ou saídas manuais de cartos.

Venta pagos.png


Pechar Caixa

Indícase canto diñeiro entrou á caixa desde a última vez que se pechou.

Venta pechar caixa.png


Caixa pechada

Informe dos peches de caixa, pódense ver as veces que se pechou a caixa especificando un intervalo de tempo.

Venta caixa pechada.png

Menú administración

No panel de administración (debaixo da sección principal) hai 3 opcións para escoller.


Xestión de inventario

Onde se administra o inventario, agregando, borrando e modificando produtos, categorías, IVE, facendo movementos entre almacéns se dispoñemos de máis dun e consultar existencias de produtos.

Xestion inventario.png


Produtos

Nesta parte ponse a referencia, o nome, prezo de venda, de compra, engádeselle o IVE, engádese a unha categoría, ao catálogo, número de existencias... Se temos un escáner podemos pasalo ao o produto e automaticamente aparecería no campo Cód. Barras.

Xestion inventario produto.png


IVE

Lugar onde se engade, edita ou borra a base dos impostos aplicables os produtos.

Xestion inventario IVE.png


Categorías

Lugar no que se engaden, editan ou borran as diferentes categorías dos produtos.

Xestion inventario categoria.png


Rexistro existencias

Lugar no que se visualizan as unidades e prezo dos produtos.

Xestion inventario rexistro.png


Movemento existencias

Lugar no que se fan movementos entre os distintos almacéns dispoñibles.

Xestion inventario movemento.png



Na parte inferior da xestión do inventario, sácanse informes, dos almacéns, do catálogo, inventarios...

Mantemento

Lugar no que se agregan, editan ou borran usuarios, funcións a desempeñar dos usuarios, almacéns (pisos ou mesas no caso de ser restaurante) e os recursos do sistema, imaxes, tickets...

Mantemento.png


Recursos

Personalización de recursos como tickets, facturas, logos...

Recursos.png


Usuarios

Lugar no que se agregan ou editan usuarios e as súas funcións, vendedor, administrador... pódese cambiar o contrasinal e a foto.

Usuarios.png


Almacéns

Nome e localización do almacén ou almacéns.

Almacens.png


Pisos e Mesas

Se temos na configuración do Tina POS, que saque os tickets en modo “ restaurant ”, a maiores teriamos dúas pantallas mais para configurar:

- piso do restaurante, se temos varios

- mesas e localización de cada unha delas nos pisos do restaurante (as coordenadas son respecto a imaxe que se suba para a planta do restaurante)

Pisos.png

 

Mesas.png


Vendas

Obtense informes formatados do vendido. Tamén se poden ver os resultados en gráficas.

Informes vendas.png

O panel do sistema

É onde se realizan grandes cambios, tales como cambiar claves, axustar os dispositivos de impresión, configurar o driver da base de datos, e onde se sae da aplicación.

A maiores, pódense ver os recibos impresos durante esa sesión, no menú impresora.

Tamén é onde o usuario que iniciou a sesión pode cambiar o seu contrasinal, no menú mudar contrasinal.

Sistema.png