Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Localización de software libre e de código de fontes abertas ao galego

Descrición:

A Oficina de Software Libre da USC, no ámbito dos traballos de tradución de software libre e de código de fontes abertas ao galego mantivo unha estreita colaboración con diferentes entidades neste eido como o Servizo de Normalización Lingüística da USC, o Proxecto Trasno, as comunidades de tradución ao galego de Ubuntu e Mozilla, ... OSL USC

Cómpre destacar que o persoal da OSL da USC forma parte da comunidade de voluntarios de tradución ao galego de software libre, polo que adican parte do seu tempo libre a colaborar en diversos proxectos de tradución ao galego como Gnome, Firefox, ...

A maiores desta labor voluntaria, parte das súas tarefas dentro da OSL tamén contribuíron á localización ao galego de diversos proxectos, ademais de xerar documentación para a formación neste eido.

Os principais proxectos nos que traballou foron:

  • GNOMEO contorno de escritorio GNOME: Colaboración na tradución da versión 2.30, a revisión exhaustiva do estado actual da tradución, e, en menor medida, no seguimento da tradución da versión 2.32. Publicaron un completo informe da revisión de GNOME 2.30
  • Ubuntu Galician Translators A distribución de GNU/Linux Ubuntu: Axudouse á comunidade de localización a traducir o maior número de cadeas e colaborouse na remisión dos erros atopados a GNOME cando foi necesario. O traballo da OSL centrouse no manual de Ubuntu e no seguimento dos erros e comunicación coa comunidade de Ubuntu para ter a nova versión de Ubuntu en galego. Colaborouse tanto na versión 10.04 como na versión 10.10.
  • NetBeans O IDE NetBeans: Continuación da tradución, comezada o ano anterior, deste coñecido IDE (contorno gráfico de desenvolvemento) usado para desenvolver software en varias linguaxes de programación. Na actualidade superouse o 50% do total de palabras do proxecto.

Documentación:

Impacto:

O alcance do traballo realizado beneficiará a toda a comunidade pola relevancia dos proxectos.

Pódese resaltar o traballo de localización realizado en GNOME e Ubuntu, xa que a Ubuntu-USC inclúe ambos os dous, o que lle permite á USC contar cunha distribución de GNU/Linux en galego.

Organiza:

Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela

Patrocina:

Esta actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas 3 Universidades Públicas Galegas coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e incluído no plan de acción FLOSS 2010 da Xunta de Galicia.