Linux galego axudas PC autónomos

De Wiki Mancomun
Este artigo pretende ser unha breve guía de como instalar un Linux 100% en galego (neste caso, as instrucións son referidas á instalación de Ubuntu 8.04) coas ferramentas de produtividade máis comúns, e que ademais sirva como referencia para aquelas empresas que se presenten ao proceso de selección de entidades colaboradoras da seguinte orde da Consellería de Innovación e Industria:

Orde do 26 de xuño de 2008 pola que se convoca o proceso de selección de entidades colaboradoras con esta consellería, para a xestión de subvencións destinadas a que os traballadores autónomos accedan á sociedade da información, e pola que se aproban as bases reguladoras das devanditas subvencións (procedemento administrativo IN533A).

e máis en concreto o referido ao "Artigo 2º".-Actuacións subvencionables e non subvencionables":

Artigo 2º.-Actuacións subvencionables e non subvencionables.
Consideraranse como investimentos subvencionables a adquisición de ordenadores persoais que dispoñan das ferramentas axeitadas de software libre.

O investimento deberá incluír como mínimo os seguintes elementos:

-Adquisición dun ordenador persoal portátil ou de sobremesa, con procesador con arquitectura semellante a x86 de 32 bits, ou superior. O ordenador deberá incluír sistema operativo Linux.

-O ordenador deberá dispor de navegador de internet en software libre tipo Mozilla Firefox versión 2.0 ou superior.

-O ordenador deberá dispor de paquete ofimático en software libre tipo OpenOffice versión 2.0 ou superior.

Instalar Ubuntu

Para instalar Ubuntu, podemos seguir a seguinte guía "Instalación de Ubuntu" (baseada na versión 8.04)

Instalar traducións adicionais de software ao galego

Se durante o proceso de instalación de Ubuntu, o computador non tivese conexión a Internet, este non poderá descargar determinados paquetes coa tradución de diversas aplicacións ao galego; polo que será necesario instalalos unha vez finalizada a instalación do sistema operativo. Os paquetes necesarios son os seguintes:

  • language-pack-gl
  • language-pack-gl-base
  • language-pack-gnome-gl
  • language-pack-gnome-gl-base
  • language-pack-kde-gl
  • language-pack-kde-gl-base
  • language-support-gl
  • aspell-gl-minimos
  • language-support-translations-gl
  • language-support-writing-gl
  • myspell-gl-es
  • openoffice.org-help-gl
  • openoffice.org-l10n-gl
  • wgalician-minimos

Para instalalos, ou ben pode usar o "Xestor de paquetes Synaptic" (desde o menú "Sistema->Administración") ou desde un terminal, escribir o seguinte (necesitará permisos de administración `root`):

sudo apt-get install language-pack-gl language-pack-gl-base language-pack-gnome-gl language-pack-gnome-gl-base language-pack-kde-gl language-pack-kde-gl-base language-support-gl aspell-gl-minimos language-support-translations-gl language-support-writing-gl myspell-gl-es openoffice.org-help-gl openoffice.org-l10n-gl wgalician-minimos

Instalar a tradución ao galego de Firefox e Thunderbird

Firefox

Vexa a seguinte páxina do Wiki para obter máis información de como instalar o navegador Firefox en galego:
Firefox#Instrucións para a instalación da tradución

Thunderbird

Vexa a seguinte páxina do Wiki para obter máis información de como poñer o xestor de correo Thunderbird en galego:
Thunderbird#Instrucións para a instalación da tradución

Corrector ortográfico en galego para OpenOffice.org

Se seguiu as instrucións indicadas anteriormente para instalar Ubuntu, xa terá instalada a suite ofimática OpenOffice.org en galego.
Se ademais quere instalarlle o Corrector ortográfico de galego para OpenOffice.org segundo as vixentes Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, pode consultar as instrucións do procedemento de instalación na seguinte páxina do Wiki : Corrector ortográfico para OpenOffice.org

Outras ligazóns

Nova aparecida en Mancomún: "Innovación e Industria aposta pola implantación do SwL entre o colectivo de autónomos galegos"

Firefox en galego: Firefox
Thunderbird en galego: Thunderbird
OpenOffice.org en galego: OpenOffice.org
Características de Ubuntu

Se ten interese en instalar algunha outra ferramenta informática de interese para a PEME pode consultar a recompilación elaborada por Mancomún que inclúe moitas máis ferramentas empresariais localizadas ao galego: DVD - ferramentas informáticas para a PEME