Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Libro Master Software Libre Galicia ano II

Descrición:

Máster Software Libre en Galicia, ano II.

Escolma dos principais traballos levados a cabo polos alumnos do Máster en Software Libre na súa edición galega do curso 2008-2009. Deste xeito, inclúe os traballos de:

  • Manuel Fontán García - Solucións FLOSS para Videoconferencias
  • Pedro García Rodríguez - Dinámicas das comunidades de software libre: Python
  • Javier Jardón Cabezas - Participar e traballar con software libre
  • Beatriz Montero Fernández - Rich Internet Applications (RIA): comparativa de frameworks en Software Libre
  • José Puente Fuentes - Análise das aplicacións ERP, CRM e E-COMMERCE baseadas en SFA para PEMES
  • Manuel Rego Casasnovas - Comunicación entre aplicacións de área de traballo e web

No momento da súa redacción, todos estes artigos superaron os máis estritos estándares de calidade, pero o lector debe ser consciente que os mesmos elaboráronse entre os anos 2008 e 2009, polo que a día de hoxe pode que algún deles poida verse desactualizado respecto do estado da arte actual; o inevitable paso do tempo aféctalle a todo o que nos rodea, e a todas as nosas creacións, pero non por iso é menor o valor do traballo acometido.

Libro do Máster en SwL Galicia, Ano II

A maiores dos contidos citados, o libro contra cun prólogo xentilmente elaborado pola Asociación de empresas galegas de software libre (AGASOL) e con epílogo obra do GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux). O traballo de elaboración do libro foi levado a cabo pola Asociación GHANDALF, sendo Roberto Vieito o encargado da coordinación e dirección das diferentes tarefas precisas para a súa confección.

Este libro pode ser de especial interese

  • Se estás interesado na faceta técnica do software libre, e queres ver algúns traballos desenvolvidos neste eido
  • Se xa tes unhas bases de coñecemento sobre o software libre, e queres amplialas no eido técnico
  • Se estás interesado en cursar estudos sobre software libre

Este libro está liberado baixo unha licenza libre CreativeCommons Attribution-ShareAlike (3.0) e está dispoñible para a súa descarga de balde, garantindo a súa liberdade.

O libro atópase dispoñible na web da asociación á espera de publicar unha web adicada á súa difusión, ademais de neste Repositorio Documental para a súa descarga:

Organiza:

O libro foi traducido e editado pola Asociación Ghandalf

Patrocina:

Esta actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa ao abeiro do Convenio de Colaboración coa AMTEGA para a promoción do Software Libre no ámbito universitario e dentro do marco das actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.