Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Libro Master Software Libre Galicia ano I

Descrición:

”Máster Software Libre en Galicia, ano I. Compendio de resultados da edición 2007-2008” é un libro que recolle unha escolma da documentación técnica elaborada polos membros de GHANDALF que cursaron a primeira edición realizada en Galicia do Máster en Software Libre, organizado pola empresa Igalia coa colaboración da URJC, presentándolla ao lector dun xeito atractivo, pensado para captar o seu interese.

Deste xeito, o libro está conformado polas teses fin de mestrado de

  • Javier Estévez Valiñas
  • Andrés Maneiro Boga
  • Pablo Sanxiao Roca
  • Juan Ignacio Varela García
  • Roberto Vieito Raña.

No libro teñen cabida tanto artigos puramente técnicos centrados en diversos aspectos do Software Libre, como traballos de índole máis divulgativa. A heteroxeneidade dos contidos do libro non é máis que un fiel reflexo da heteroxeneidade enriquecedora presente no mundo do Software Libre, sendo esta unha virtude esencial nun movemento que día a día conta con maior forza, e contribúe de xeito máis acentuado na mellora da nosa sociedade. No momento da súa redacción, todos estes artigos superaron os máis estritos estándares de calidade, pero o lector debe ser consciente que os mesmos elaboráronse entre os anos 2007 e 2008, polo que a día de hoxe pode que algún deles poida verse desactualizado respecto do estado da arte actual; o inevitable paso do tempo aféctalle a todo o que nos rodea, e a todas as nosas creacións, pero non por iso é menor o valor do traballo acometido.

Os traballos técnicos incluídos no libro son os seguintes:

  • Producindo liberdade
  • Experiencias persoais aplicando conceptos do Mestrado en Software Libre en proxectos reais
  • Desenvolvemento dunha nova versión de gtranslator: reactivando unha comunidade de software libre
  • Premio ao mellor PFC de software libre
  • Proceso de lanzamento de gisEIEL
  • Malinig List Stats Web: unha análise básica de listas de correo

Este libro pode ser de especial interese

  • Se estás interesado na faceta técnica do software libre, e queres ver algúns traballos desenvolvidos neste eido
  • Se xa tes unhas bases de coñecemento sobre o software libre, e queres amplialas no eido técnico
  • Se estás interesado en cursar estudos sobre software libre

Este libro está liberado baixo unha licenza libre CreativeCommons Attribution-ShareAlike (3.0) e está dispoñible para a súa descarga de balde, garantindo a súa liberdade.

Libro do Máster en SwL Galicia, Ano I

O libro atópase dispoñible na web elaborada para a súa difusión, ademais de neste Repositorio Documental para a súa descarga:

Organiza:

O libro foi traducido e editado pola Asociación Ghandalf

Patrocina:

Esta actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e incluída no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.