Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Libro “Creando Software Libre” de Karl Fogen

Descrición:

«Creando Software Libre» é un libro que versa sobre a parte humana e sobre a parte técnica do desenvolvemento de Software Libre. Foi escrito polo experimentado desenvolvedor e xestor de proxectos Karl Fogel na súa versión en inglés.

Describe como xestionar con éxito proxectos de Software Libre, as expectativas dos usuarios e dos desenvolvedores, etc. polo que é unha obra ideal para o achegamento á cultura do software libre. Este libro está liberado baixo unha licenza libre e está dispoñible para a súa descarga de balde, garantindo a súa liberdade.

O libro foi traducido ao galego de xeito voluntario e altruísta coa colaboración de doce persoas voluntarias no ámbito do proxecto de tradución ao galego poss-gl liderado pola Asociación Ghandalf.

Producing Open Source Software
Grazas ao financiamento da Xunta de Galicia, a asociación Ghandalf puido contratar a revisión lingüística da tradución para garantir a súa calidade e corrección, ademais de realizar unha edición impresa do libro e a publicación dunha web para a súa difusión.

O libro atópase dispoñible para a súa descarga:

É recomendable a lectura deste libro se está dentro dun destes suposos:

  • é un desenvolvedor cuxo proxecto precisa medrar, ou que xa medrara ate tal punto que a súa xestión se está volvendo moi complexa
  • está tentando motivar á comunidade que se xerou arredor do seu proxecto, ou se está tentando crear unha comunidade
  • herdou un proxecto e estáse a preguntar como sacalo adiante
  • forma parte dun proxecto de software privativo que poida ser liberado
  • quere introducirse no apaixonante mundo do Software Libre

En calquera caso, os plantexamentos e consellos, baseados na experiencia, contidos neste libro poden ser unha enorme axuda para que un proxecto de Software Libre teña éxito; ou simplemente poden servir para achegarse ao asombroso mundo do software libre.

Creando software libre

Organiza:

O proxecto poss-gl está impulsado pola Asociación Ghandalf

Patrocina:

Esta actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e incluída no plan de acción FLOSS 2010 da Xunta de Galicia.