Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Klavaro - Unha ferramenta para mellorar a mecanografía

Descrición

Este curso amosa de forma práctica o manexo do aplicativo de mecanografía Klavaro que permite iniciarse na mecanografía, mellorar as nosas habilidades de redacción, velocidade na escrita, axilidade, etc.; O contido deste curso estrutúrase en tres módulos:

  • Introdución á mecanografía
  • O Klávaro
  • Como debemos escribir? Modelos de documentos habituais

O obxectivo do curso é achegar as claves máis importantes para poder iniciarnos na mecanografía, aprender as regras básicas da mecanografía, o uso correcto do teclado e o manexo dunha ferramenta útil para a práctica: Klavaro. Ademais preténdese tamén que o alumno sexa quen de obter un maior rendemento nos programas informáticos como procesadores de texto, follas de cálculo, bases de datos, etc. ademais de aprender a redactar os documentos máis habituais segundo uns criterios de corrección e eficacia.

Descarga

Klavaro.png

O material está dispoñible en formato SCORM así como en formato pdf para facilitar unha áxil visualización dos contidos.

Consulta: (Formato pdf)

Descarga: (Formato SCORM)

Este material publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material.

Autoría:

O curso baixo o título "Klavaro - Unha ferramenta para mellorar a mecanografía" foi elaborado por AGASOL para a rede CeMIT dependente da AMTEGA para ofertalo a través da súa plataforma de teleformación “Espazo multimedia de aprendizaxe” (EMA) formando parte dos cursos de formación en alfabetización dixital en software libre.

A formación en software libre a través da rede CeMIT forma parte das distintas actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.