Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Introdución ao uso de LibreOffice

Descrición

LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas.


O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos.

LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.

O emprego destos diferentes programas que conforman a suite LibreOffice, precisan como en calquera outro caso, un aprendizaxe do seu uso, e neste caso quizais aínda máis precisamente pola certa similitude coa máis estendida suite MsOFfice xa que a maioría da xente agarda atopar as opcións e menús no mesmo sitio.

Neste curso abordarase unha introdución ao uso de LibreOffice, dende a súa descarga, instalación e configuración , ata unha introdución ao uso de estilos e modelos, sen entrar no detalle do uso particular de ningunha dos aplicativos que o conforman: procesador de textos, presentacións ...

Descarga

O material está dispoñible en formato SCORM , en formato pdf para facilitar unha áxil visualización dos contidos e tamén en formato elp para empregar na ferramenta de edición de contidos exeLearning, o que permite que calquera poida modificar ou completar facilmente o curso para adaptalo ás súas necesidades sempre que cumpra adecuadamente coa licenza.

Os contidos estrutúranse en 3 capítulos:

1 - Introdución a LibreOffice

Intro-libo.png

2 – Configuración de LibreOffice

Conf-libo.png

3 – Estilos e modelos

Estilos-libo.png

Licenza

Este material publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material.

Autoría

Todo o material deste curso foi elaborado pola Oficina de Software Libre do CIXUG ao abeiro do Convenio de Colaboración coa AMTEGA para a promoción do Software Libre no ámbito universitario e dentro do marco das actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.