Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Introdución á análise estatística con R Commander

Descrición

R é un software multiplataforma, orixinariamente deseñado para a análise estatística e a realización de gráficos. Actualmente considérase a lingua franca do analista de datos e estase a utilizar en numerosos campos relacionados, dun ou doutro xeito, coa estatística (xenómica, biomedicina, econometría, big data, bioloxía, …). R ten unha dobre natureza de programa e de linguaxe de programación e distribúese baixo licenza GNU-GPL.

R Commander é un paquete de R que proporciona unha Interface Gráfica de Usuario para traballar de forma máis cómoda e amigable coa linguaxe R.

Este curso está pensado para formar no manexo de R no seu ámbito gráfico RCommander, tanto ao persoal que habitualmente traballa con software estatístico privativo, como aos non iniciados no campo dos estudos estatísticos.

O curso está formado por 11 temas, que abarcan dende os pasos necesarios para instalar o paquete RCommander, ata a instalación de engadidos para aumentar as funcións, pasando por diferentes tarefas de tipo estatístico:

  • Comezando con R
  • Instalación
  • Instalación de paquetes
  • Instalación de paquetes RCommander
  • Manexo de datos
  • Creación de gráficos
  • Estatística descritiva
  • Distribucións de probabilidade
  • Inferencia
  • Regresión lineal simple
  • Engadidos no RCommander

Este curso está dispoñible para a súa visualización e seguimento con acceso de convidado na Aula virtual da Oficina de Software Libre do CIXUG.

Descarga

O material está dispoñible en formato elppara empregar na ferramenta de edición de contidos exeLearning, o que permite que calquera poida modificar, ou completar, facilmente o curso para adaptalo ás súas necesidades sempre que cumpra adecuadamente coa licenza.


Análise estatística con R Commander

Rcommander.png

Formato elp

Formato HTML

Ademais dende o servidor FTP da OSL do CIXUG tamén é posible descargar estes materiais así como unha copia de respaldo en formato Moodle 2.0 do curso completo.

Licenza

Este material publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material.

Autoría

Todo o material deste curso foi elaborado por Miguel Ángel Rodríguez Muíños, técnico informático na Consellería de Sanidade, e coordinador de proxectos de software libre relacionados con R, como EpiLinux ou BioStatFLOSS, e tamén membro fundador da comunidade “R Hispano”.

O curso foi elaborado para a Oficina de Software Libre do CIXUG ao abeiro do Convenio de Colaboración coa AMTEGA para a promoción do Software Libre no ámbito universitario e dentro do marco das actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2013 da Xunta de Galicia.