Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Instalar Thunderbird descargado dende a páxina de Mozilla

Instalar o cliente de correo Thunderbird descargado dende a páxina de Mozilla

Normalmente, cando se publica unha nova versión de calquera aplicativo, pasa un tempo ata que este chega a integrarse nos repositorios oficiais de cada unha das distribucións. Cando se trata dun aplicativo que utilizamos a miúdo e do que nos gustaría probar as novidades incluídas nas últimas versións, a espera pode resultar demasiado longa.

Afortunadamente, adoitan existir maneiras de probar estes aplicativos: ben compilando nós mesmos o código fonte, ben empregando os paquetes precompilados que os creadores dos proxectos adoitan pór á disposición dos usuarios.

En certos casos, fanse públicos incluso paquetes .deb (os utilizados por todas as distribucións baseadas en Debian coma Ubuntu, Galinux...), facilitándonos enormemente o proceso para chegar a instalar estes aplicativos nos nosos sistemas.

No caso do cliente de correo electrónico Thunderbird de Mozilla, non existen eses paquetes. Mais poderemos descargarnos un arquivo .tar.bz2 co que poderemos probar este cliente de correo sen demasiados problemas, e sen medo a estragar nada no noso sistema. Vexamos os pasos a seguir:

Descargar o .tar.bz2

Visitando http://gl.www.mozillamessaging.com/gl/ e premendo na ligazón de descarga, poderemos descargar o paquete que contén o cliente de correo, e todo o necesario para poñelo a funcionar.

Erro ao crear a miniatura: O ficheiro non se dá atopado

Descomprimir o paquete

Unha vez descargado o .tar.bz2, gardámolo no cartafol que prefiramos (talvez poderiamos crear un cartafol chamado "aplicativos", e gardar aí todos os programas que vaiamos instalar desta forma. Realmente da igual onde gardemos este .tar.bz2). Dirixirémonos co navegador de ficheiros ao cartafol no que gardaramos este paquete, e descomprimímolo.

Erro ao crear a miniatura: O ficheiro non se dá atopado

Creando un lanzador

Entramos no cartafol que se crea ao descomprimir o arquivo .tar.bz2 e localizamos un ficheiro chamado "thunderbird". Arrastramos ese ficheiro ata o panel de GNOME.

Erro ao crear a miniatura: O ficheiro non se dá atopado


Abrirase unha xanela na que poderemos editar as características do noso lanzador: Nome, comentario, icona que desexamos...


Erro ao crear a miniatura: O ficheiro non se dá atopado


Lanzando o aplicativo por vez primeira

A primeira vez que executemos esta nova versión do Thunderbird, premendo na icona que acabamos de crear no panel, aparecerá un diálogo que nos preguntará tres sinxelos datos: O noso nome, un enderezo de correo electrónico e o contrasinal:

Erro ao crear a miniatura: O ficheiro non se dá atopado

Logo, Thunderbird tentará completar automaticamente os datos dos servidores que deberemos empregar:

Erro ao crear a miniatura: O ficheiro non se dá atopado

E, tras outro paso de configuración:

Fig. 1 Funcións

Teremos rematado de configurar o novo Mozilla thunderbird 3.0.

Cando queiramos executalo de novo, simplemente teremos que premer no lanzador que creamos no panel de GNOME.