Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Instalar Mozilla Firefox descargado dende a páxina de Mozilla

Instalar Firefox descargado dende a páxina de Mozilla

Pode ocorrer que cando sae unha nova versión do navegador Firefox, aínda pasa un tempo ata que é incluída na nosa distribución favorita. Durante ese tempo, podemos optar por empregar os paquetes oficiais que podemos descargar nas páxinas de Mozillla.

Vexamos uns sinxelos pasos que nos permitirán empregar o navegador Firefox sempre nas últimas versións.

Descargar o navegador

Visite http://gl.www.mozilla.com/gl/ , e prema na icona de descarga

Fig. 1 Descarga

Descomprimir

Abriremos o cartafol no que teñamos descargado o paquete do navegador, e descomprimirémolo


Fig. 2 Descomprimir o ficheiro

Crear o lanzador

Entramos no cartafol que se creou ao descomprimir, e localizamos un ficheiro chamado "firefox".


Fig. 3 Arrastrar para crear o iniciador

Se arrastramos a icona ata o panel de Gnome, abrirase un cadro de diálogo que nos permitirá editar as propiedades do iniciador.


Fig. 4 Editar o iniciador

Escollemos un nome e unha icona para o iniciador, e aceptamos. Podemos poñerlle tamén unha descrición.

Executando Firefox 3.5 por primeira vez

NOTA: Antes de poder arrancar o Firefox 3.5, deberemos cerrar todas as xanelas do Firefox que estean abertas.

Se prememos no iniciador que acabamos de crear, executarase o Firefox 3.5


Fig. 5 Iniciando

O primeiro que veremos é un asistente que nos informará de que algunhas das extensións que teñamos instaladas non son aínda compatíbeis con Firefox 3.5. Isto é normal, a versión 3.5 acaba de saír do forno, e non todas as extensións están xa preparadas para funcionar con ela.


Fig. 1 Extensións non compatíbeis

En canto rematemos con este asistente, poderemos comezar a empregar o Firefox 3.5

Importante

Se seguimos estas instrucións, poderemos empregar Firefox 3.5 no noso computador. No entanto, seguirá instalada a versión do Firefox da nosa distribución (que poderemos empregar se queremos lanzándoa dende o menú de Aplicacións). Se imos a estar cambiando entre as versións do Firefox que empregamos, quizais resulte de utilidade empregar distintos perfís con cada unha delas.

Se editamos as propiedades do iniciador que creamos antes:


Fig. 8 Editar as propiedades

E engadimos " -profilemanager" ao final na caixa de "Comando":


Fig. 9 Engadir o parámetro para que inicie co xestor de perfís

Cada vez que arranquemos este Firefox comezará coa xanela de xestión de perfís, na que poderemos crear un novo perfil, ou escoller con cal deles empregar esta versión de Firefox.

Se tes calquera dúbida sobre as instrucións deste Manual podes deixar a túa consulta no na categoría preguntas do foro xeral de asistencia do web de Mancomún.

Video demostrativo

Podemos descargar este video para ver outra maneira sinxela de como instalar a 3.5 de Firefox.