Guía de estilo
O obxectivo da guía de estilo é establecer as normas que se aplican nas nosas localizacións de software. É un recurso que se complementa co corpus lingüístico do OpenOffice.org, permitindo así garantir a coherencia nas traducións entre programas.
Nesta guía entenderemos por Norma, as prescricións académicas e institucionais que en materia de lingua proporciona a Real Academia Galega tanto no seu Dicionario da Real Academia Galega (edición de 1997) coma a través das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (edición de 2003).
Índice
Resumo da Guía de estilo para a tradución de programas
Opcións Normativas
Para evitar a alternancia normativa naqueles casos en que a Norma permite alternancia entre dúas formas: -bel/ble, -aría/ería, ca o/có, etc. establécense as seguintes opcións como preferidas para esta guía de estilo.
Prefírese |
En detrimento de |
---|---|
Uso da primeira forma do artigo abrimos o ficheiro |
Uso da segunda forma do artigo abrímo-lo ficheiro |
Representación da contracción da preposición a + o(s): ao Diríxase ao provedor |
Representación da contracción da preposición a + o(s): ó Diríxase ó provedor |
Sufixo -ble (<BILIS) formatable, editable, arquivable, factible |
Sufixo -bel (<BILIS) formatábel, editábel, arquivábel, factíbeis |
Sufixo -aría libraría, consellaría, hostalaría |
Sufixo -ería librería, consellería, hostalería |
Separación da partícula comparativa ca e o artigo determinado o(s), a(s) maior ca o/a anterior |
Contracción da partícula comparativa ca e o artigo determinado o(s), a(s) maior có/cá anterior |
Lembra: os signos de interrogación e exclamación incluiranse só ao final da frase Que acción quere realizar? |
As formas verbais
O diálogo co computador
En xeral, empregarase o infinitivo salvo cando se trate dunha mensaxe de comunicación do ordenador de cara ao usuario. A continuación expóñense exemplos de casos concretos.
- Cando é o usuario quen se dirixe ao computador:
Texto para traducir |
Prefírese |
En detrimento de |
Delete file |
Eliminar o ficheiro |
Elimina o ficheiro |
Close |
Pechar |
Pecha |
Insert image |
Inserir unha imaxe |
Insire imaxe |
- Cando é o computador quen se dirixe ao usuario:
Se é o computador quen se dirixe ao usuario cunha función puramente informativa deberemos utilizar a forma impersoal.
Texto para traducir |
Prefírese |
En detrimento de |
I can’t open file |
Non se pode abrir o ficheiro |
Non podo abrir o ficheiro |
Can not save preference |
Non se poden gardar as preferencias ou non é posible gardar as preferencias |
Non puiden gardar as preferencias |
Noutros casos adoita tratarse de instrucións, cuestións, indicacións... dirixidas ao usuario, polo debemos utilizar a correspondente forma de tratamento de respecto (vostede): seleccione unha opción.
Texto para traducir |
Prefírese |
En detrimento de |
Select an option |
Seleccione unha opción |
Seleccionar unha opción |
Replace existing file? |
Quere substituír o ficheiro existente? |
Queres substituír o ficheiro existente? |
Insert a blank CD into the drive |
Insira un CD en branco na unidade |
Insire/Inserir un CD en branco na unidade |
The CD-ROM drive %s is empty. Insert a blank, recordable (CD-R) or rewritable (CD-RW) CD in the drive, and then click Retry. |
A unidade de CD-ROM %s está baleira. Insira un CD en branco, gravable (CD-R) ou regravable (CD-RW) na unidade e prema 'Repetir'. |
A unidade de CD-ROM %s está baleira. Inserir un CD en branco, gravable (CD-R) ou regravable (CD-RW) na unidade e premer 'Repetir'. |
Aínda así, parece razoable que certo tipo de textos manteñan o tratamento en segunda persoa do singular ti, sobre todo naquelas aplicacións que teñen a infancia como potenciais usuarios: Escribe o texto no recadro, Queres substituír o ficheiro existente?
- Textos en menús:
En xeral, empregarase o infinitivo salvo nos menús Formato, Ventá, Ficheiro ...
Texto para traducir |
Prefírese |
En detrimento de |
Edit |
Editar |
Edición |
Format |
Formato |
Formatar |
Orde e tamaño das frases
Texto para traducir |
Prefírese |
En detrimento de |
More than one item must be on this track |
Esta pista debe ter máis dun elemento. |
Máis dun elemento debe existir nesta pista. |
Two different DV devices cannot be selected. |
Non se poden seleccionar dous dispositivos DV |
Dous dispositivos DV non poden ser seleccionados. |
Debemos evitar algúns procedementos de redución moi habituais en inglés como:
- Prescindir do verbo principal da frase.
Texto para traducir |
Prefírese |
En detrimento de |
Continue? |
Quere continuar? |
Continuar? |
Error |
Atopouse un erro. |
Erro. |
- Prescindir dos artigos en contextos en que son habituais en galego.
Texto para traducir |
Prefírese |
En detrimento de |
Downloading message |
Estase descargando a mensaxe |
Estase descargando mensaxe. |
Stop Search |
Deter a busca |
Deter busca |
Invert Selection |
Inverter a selección |
Inverter selección. |
Pola contra, o inglés é, en comparanza co galego, gramaticalmente redundante na utilización de determinadas formas, como os posesivos e os pronomes que explicitan o suxeito. Por iso, só os empregaremos cando haxa posibles dúbidas sobre a propiedade do elemento de que se está a falar, ou sobre o suxeito da acción do verbo.
Texto para traducir |
Prefírese |
En detrimento de |
Type a name for your movie. |
Escriba un nome para o filme. |
Escriba un nome para o seu filme. |
Do not add copy protection to your music. |
Non engadir protección de copia á música. |
Non engadir protección de copia á súa música. |
What kind of network do you use? |
Que tipo de rede utiliza? |
Que tipo de rede utiliza vostede? |
A conxugación verbal
Cómpre evitar o uso de ter + participio para traducir o haber + participio do castelán ou o to have + participio do inglés. No seu lugar débense usar os tempos simples correspondentes.
Texto para traducir |
Prefírese |
En detrimento de |
Capture has completed successfully. |
A captura finalizou con éxito. |
A captura ten finalizado con éxito. |
No changes have been made. |
Non se fixo ningún cambio. |
Non se ten feito ningún cambio. |
Guardar en el caché los documentos que hayan expirado. |
Gardar na caché os documentos que caducaran. |
Gardar na caché os documentos que teñan caducado. |
The playlist you have chosen... |
A lista de reprodución que escolleu... |
A lista de reprodución que ten escollido... |
As construcións pasivas
A construción pasiva en inglés adoita ser moito máis frecuente ca en galego. Débese buscar sempre a forma de expresión que sexa máis frecuente en galego, aínda que iso implique facer unha tradución máis libre da secuencia orixinal.
Texto para traducir |
Prefírese |
En detrimento de |
The file couldn't be opened |
Non se puido abrir o ficheiro |
O ficheiro non puido ser aberto |
The operation is not supported by the service provider |
O fornecedor de servizo non soporta a operación |
A operación non é soportada polo fornecedor de servizo |
Your signature is not displayed |
Non se visualiza a súa sinatura |
A súa sinatura non é visualizada |
A expresión do futuro
En galego, o futuro exprésase fundamentalmente por dúas vías:
1.a través dunha forma plena: farei, farás, fará… 2.a través dunha perífrase: haber (de) + infinitivo (hei (de) facer, has (de) facer, ha (de) facer…) e ir + infinitivo (vou facer, vas facer, vai facer…)
Sempre que sexa posible, deberase optar pola forma plena.
Texto para traducir |
Prefírese |
En detrimento de |
…you will have to restart the computer… |
…terá que reiniciar o computador… |
…haberá de desconectar o computador… |
…the server you will connect to. |
… o servidor co que establecerá a conexión … |
… o servidor co vai establecer a conexión … |
…will attempt to configure… |
…intentará configurar… |
…ha intentar
configurar… |
O xerundio
De entre os usos máis habituais do xerundio debemos vixiar e evitar os dous seguintes:
- Aqueles en que a acción expresada polo xerundio é posterior á representada polo verbo principal (chamados tamén de “xerundio de posterioridade”).
Texto para traducir |
Prefírese |
En detrimento de |
…you investigate the problems, then clicking Error… |
…investiguen os problemas, e escollan despois 'Detalles do erro'… |
…investiguen os problemas, escollendo despois 'Detalles do erro'… |
- Aqueles en que o xerundio funciona como un adxectivo que especifica o significado dun substantivo (chamados tamén de “xerundio especificativo”).
[Normalmente poden substituírse por “que + verbo en forma persoal”.]
Texto para traducir |
Prefírese |
En detrimento de |
Allows printing to the selected printers while not connected. |
Permite a impresión nas impresoras seleccionadas mesmo nas que non están conectadas. |
Permite a impresión nas impresoras seleccionadas mesmo non estando conectadas. |
As negacións
O uso de algún como forma de resaltar unha dobre negación é incorrecto. En galego, ese tipo de dobres negacións constrúense usando “ningún”.
Texto para traducir |
Prefírese |
En detrimento de |
No device detected. |
Non se detectou ningún dispositivo. ou Non se detectou dispositivo ningún. |
Non se detectou dispositivo algún. |
Cantidades
O galego marca as unidades de millar con punto (.) e os decimais con coma (,) mentres que o inglés elixe a opción inversa.
Texto para traducir |
Prefírese |
En detrimento de |
This would fit on a 1.44MB floppy. |
Un disquete de 1,44 MB ten capacidade suficiente. |
Un disquete de 1.44 MB ten capacidade suficiente. |
The size must be between 50 KB to 20,000 KB. |
O tamaño ten que estar entre 50 KB e 20.000 KB. |
O tamaño ten que estar entre 50 KB e 20,000 KB. |
Excepción: á hora de grafar as versións dos programas informáticos: neste caso concreto está asentado un uso idéntico ao do inglés.
Texto para traducir |
Prefírese |
En detrimento de |
OpenOffice.org 2.0 |
OpenOffice.org 2.0 |
OpenOffice.org 2,0 |