Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Guía de uso de formatos de ficheiros asociados aos contidos web da Xunta de Galicia

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica elaborou e publicou unha guía coas políticas de uso de formatos nos documentos que se publican nas webs da Administración autonómica. O documento prioriza o uso de documentos en formatos estándares abertos en todos os ficheiros que se poñen a disposición dos usuarios a través das páxinas web. A creación deste documento enmárcase nas políticas de ordenación da presenza da administración pública en Internet.

Coa publicación desta guía a Administración autonómica dá cumprimento á normativa europea e estatal sobre a reutilización da información do Sector Público que indican que aos organismos e institucións públicas deben facilitar os seus documentos preferiblemente en estándares abertos sen dependencia da utilización duns determinados programas ou software de lectura.

Trátase dunha guía de obrigado cumprimento para todos os departamentos da Xunta, que se vén empregando desde o pasado ano e que agora se publica cunha licenza libre para que poida ser reutilizada por calquera outra administración ou organismo que o considere oportuno.

Documentos A guía establece que os documentos que se publiquen deben estar en estándares abertos, preferiblemente en PDF ou ODF(Open Document Format). No caso da publicación de documentos pechados, como os creados con Microsoft Office, débense habilitar alternativas en formatos abertos.

Imaxes En canto ás imaxes e ilustracións os formatos permitidos son GIF, JPEG e PNG, xa que van ser correctamente visualizados na maioría dos casos e nas súas versións. No caso dos gráficos vectoriais recoméndase o emprego do formato SVG e como alternativa o Opendocument.

Ficheiros multimedia A publicación de vídeo e audio estará aberta ao uso de formatos pechados como FLV ou MP3 pola súa implantación maioritaria. De calquera xeito recoméndase achegar alternativas de descarga de ficheiros en formato aberto. A guía tamén recomenda prescindir do uso da tecnoloxía Adobe Flash, á que se debe recorrer cando non haxa unha alternativa gráfica ou interactiva viable como infografías ou vídeos interactivos. Pero débese prescindir do seu uso para simple rotación de imaxes, banners, cabeceiras… e empregar no seu lugar formatos gráficos alternativos como código HTML, ou Javascript.

No apartado dos contidos multimedia establécense tamén directrices para o uso de Ajax, unha combinación de tecnoloxías baseadas na linguaxe Javascript. O uso deste aplicativo irá acompañado de alternativas para aqueles usuarios que non teñan a opción de JavaScript nos seus navegadores.

Descarga