Xunta de Galicia
Ferramentas persoais


Powered by MediaWiki

Gnome

Gnome logo.jpg

Descrición

O proxecto GNOME (GNU Network Object Model Environment) xorde en agosto de 1997 como proxecto liderado por Miguel de Icaza para crear un escritorio completamente en software libre para sistemas operativos libres, en especial para GNU/Linux.

Neses momentos existía un outro proxecto anterior cos mesmos obxectivos, mais con diferentes medios: KDE. Os primeiros desenvolvedores de GNOME criticaban o proxecto por se basear na biblioteca de controis gráficos Qt, dado que ten unha licenza QPL, aínda que libre, non era compatible coa licenza GPL da Free Software Foundation.

Anos máis tarde os problemas de licenza de Qt resolvéronse e estas críticas cesaron. Con todo, os dous proxectos seguen rumbos tecnolóxicos distintos e fanse unha competencia amigable.

Como coa maioría dos programas GNU, GNOME foi deseñado para se executar en toda a gama de sistemas operativos de tipo Unix con X Window, e especialmente pensado para GNU/Linux. Dende os seus inicios utilizouse a biblioteca de controis gráficos GTK, orixinalmente desenvolvida para o programa The GIMP.

A medida que o proxecto foi progresando nos últimos anos, os seus obxectivos estendéronse para tratar unha serie de problemas na infraestrutura Unix existente.

Actualmente o proxecto evoluciona baixo o abeiro da Fundación GNOME.

Pantalla do escritorio GNOME 1.x

Obxectivos

O proxecto GNOME pon moita enfase na simplicidade e usabilidade xa que os obxetos do escritorio só serven para eso, para traballar e ser útiles. Outros obxectivos do proxecto son:

  • Liberdade para creares un entorno de escritorio libre de cambios, co código sempre dispoñible para a súa reutilización baixo licenzas libres.
  • Total accesibilidade, asegurando que o escritorio pode ser usado por todo tipo de persoas, teñan ou non coñecementos tecnicos ou posúan ou non discapacidades físicas.
  • Internacionalización faciendo posible o escritorio en moitos idiomas.
  • Facilidade cara o desenvolvemento, xa que existe unha facilidade na programación das interfaces do escritorio que permite aos desenvolvedores unha libre eleción da linguaxe de programación.
  • Ampla organización da comunidade GNOME que permita un ciclo de lanzamentos regulares.
  • Asegurar soporte completo de GNOME máis alá da propia comunidade GNOME.

Aplicacións principais

O escritorio GNOME ten moitas aplicacións que utilizan a sua biblioteca GTK+:

Oficina

  • Office GNOME Office: suite de programas para traballar na oficina (conxunto de Abiword + Gnumeric + ...).
    • AbiWord: sinxelo e potente procesador de texto.
    • Evolution: xestor de información personal como correo electrónico, axenda e contactos.
    • Gnumeric: folla de cálculo de uso xeral.
    • GNOME-DB: arquitectura de aceso ás base de datos.
  • Dia: programa de dibuxo estructural para facer diagramas.
  • Planner: programa para planificación e organización de proxectos.
  • GnuCash: programa para xestionar contas financeiras.

Redes

  • Gaim: cliente de mensaxería para varias redes de mensajería instantánea: msn, jabber, icq, etc.
  • GnomeMeeting: programa de videoconferencia.
  • Xchat: cliente de chat.
  • Epiphany: navegador web.

Deseño

  • GIMP: programa de debuxo, baseado de GTK.
  • lnkscape: programa de debuxo vectorial.
  • Moho: programa de deseño de animación en 2D.

Multimedia

Programación

  • Anjuta: entorno integrado de desenvolvemento o IDE para C/C++ e GNOME/Gtk+
  • Proyecto_Mono: centrado en .NET e GTK#.
  • Glade: Creación de interfaces para GTK+ 2

Outros

Enlaces externos

Hispanas

Contribuír na tradución de Gnome

Podedes consultar o estado da tradución de cada módulo para cada idioma na páxina de estatísticas do GNOME Translation Project (en inglés). Logo tedes que seleccionar a versión, sección e lingua do que queredes comprobar.

Asemade, podedes consultar o estado da tradución da documentación dos diferentes módulos do GNOME que están traídos ao formato gettext na páxina de estatísticas da documentación.

O Proxecto Trasno é unha comunidade de grupos e proxectos de tradución de software libre ao galego. Os grupos están integrados por tradutores voluntarios e están sempre abertos a máis colaboracións. Trasno funciona desde o ano 2000, aínda que algúns dos proxectos aquí reunidos existen desde o 1999.

Quen coordina o grupo galego?

O coordinador actual é Ignacio Casal Quinteiro. Podes contactar con el no seu enderezo de correo electrónico.

Como podo axudar?

Se queres colaborar na tradución dalgún paquete,terás que contactar co coordinador para que faga a asignación. Non esquezas mirar a páxina de recursos para os tradutores.

Tamén é importante a axuda dos que comunican os erros de tradución. Se atopas un, escribe ao coordinador, á lista, ou mesmo no bugzilla de GNOME

Historia do grupo de tradución

  • Setembro de 1999: O equipo de traducion galego fíxose oficial no GNOME Translation Project, con Jesús Bravo Álvarez como primeiro coordinador.
  • Abril de 2001: Apareceu a versión 1.4 de GNOME, a primeira con soporte parcial de galego.
  • Xuño de 2005: Nacho tomou a tarefa de coordinación, tras varios meses como principal contribuidor de traducións.
  • Setembro de 2005: Aparece GNOME 2.12, a primeira versión completamente soportada en galego.
  • Marzo de 2006: Sae GNOME 2.14, versión totalmente actualizada e corrixida.
  • Outubro de 2006: Traducida a versión de GNOME 2.16.

Sección de descargas

Esta é a sección de descargas

Manuais