G11n

De Wiki Mancomun

G11n.png
Como resultado do obradoiro de localización de software celebrado no XGN 2008 xurdiu a proposta de celebrar un encontro onde se puidera alargar a posta en común iniciada naquel evento ao maior número posible de persoas involucradas na localización ó galego do SL. A proposta emprazaba á comunidade para fixar data e lugar empregando a rolda de correo de Ferramentas e Estratexias de Tradución ao Galego (FETG) para evitar fíos paralelos sobre o tema. Nota: A lista de FETG foi migrada a g11n tras o encontro.

Tras unha primeira fase de reflexión na que o chamamento non recibe obxeccións, comezan a chegar de distintas fontes propostas acerca de datas, lugares e contidos. Este wiki xorde como recurso que se fornece dende Mancomún para libre disposición das personas interesadas na definición e organización deste evento. Trátase dunha ferramenta de edición colaborativa: se falta ou sobra algo, logéate e pradiante. E por suposto: este wiki non é exclusivo, nin é o wiki oficial do evento nin nada parecido. Simplemente se che resulta útil emprégao e se non pois pasa del, no problema.

Ideas para próximas xornadas

  • Mellor sesións dun día a modo de festrad (Marce)
  • Streaming do evento (goretoxo)
  • Convidar a máis xente: galipedia, tradutores independentes... (Leandro)
  • Algún sitio con mellor acústica e mellor pensado para traballo dixital en tempo real (suso)

Consensos do encontro

Reprodúcense unha expresión consensual das propostas xurdidas no evento, así como a identificación de axentes da comunidade g11n e asignación de roles de cada un diles.

Identificación de axentes e roles

  1. Voluntariado
    -Traducir, coordinar localización de proxectos de software libre (agás os problemáticos)
    -Auto-organizarse, visibilizarse
    -Para terminoloxía: empregar 'consenso interno asesorado', incorporándose aos recursos como lista USC-lex, servizo terminoloxía
    -Formación: transferencia do coñecemento
  2. Empresas
    -Coordinar tradución de proxectos empresariais
    -Traducir e revisar encomendas
    -Coordinar as contratacións coa comunidade do proxecto correspondente
    -Facilitar a liberación dos recursos que se obteñen: memória de tradución (TMX), glosario (TBX), guía de estilo (ODF) do programa
  3. Administración pública (mancomún)
    -Fornecer recursos e servizos (infraestrutura hardware, pootle, roldas...)
    -Coordinar (traducir, revisar) proxectos problemáticos
    -Manter taboleiro de proxectos de tradución
    -Manter listaxe de recursos lingüísticos
    -Xestionar a liberación de recursos xerados polas empresas
    -Intermediar a liberación de recursos lingüísticos públicos (Buscatermos, Piñeiro, RAG, Guinovart, etc)
    -Formación: xestión
    -Facilitador da comunidade
    -Supervisión da calidade da tradución (técnica, e lingüística)
    -Facilitar a unificación de guías de estilo (rexistro, ortográfico, gramatical)

Propostas

Modelo de localización: Empregar o modelo proposto por Susana Sotelo Docio, centrado na implementación dos estándares LISA. Neste modelo a empresa que executa o traballo contratado (revisión e/ou tradución segundo o caso) coordínase coa comunidade de localización do proxecto a localizar para asegurar a integración da tradución no repositorio canónico. Quen contrate deberá requirir nas cláusulas técnicas da contratación a liberación do coñecemento/ retorno do investimento mediante a publicación de TMX, glosario e guía de estilo (ou o que proceda). Este modelo foi posto en practica para a tradución do GNOME 2.16, sería compatible co sistema decisional de KDE e parece consistente coa aproximación de Juan Rafael Fernández de OFSET.

En xeral opínase que Mancomún debe fornecer infraestrutura e servizos (servidores, Pootle, listas, webs...) e que pode promover localizacións pero que debe facelo de forma consensuada co resto da comunidade, como un axente máis, e que non debe converterse no único axente de localización: é unha iniciativa do goberno que podería perder o apoio, e hai que prever esa posibilidade. No tema lingüístico Mancomún debería actuar como facilitador para converxer nunha guía de estilo consensuada e como lugar común para facilitar o acceso aos distintos recursos lingüísticos. A tradución debería recaer preferentemente no voluntariado recurrindo a empresas que traduzan e/ou revisen cando as necesidades requiran prazos ou condicionantes que non se poidan resolver cos recursos do voluntariado.

Leandro Regueiro propón que haxa un taboleiro de proxectos de tradución (quen e quen ou algo así no mundo da localización). Iso facilitará o intercambio da comunidade e evitaría conflitos como o da creación da lista de l10n para Debian (Suso).

Terminoloxía: o voluntariado empregaría o modelo de 'consenso interno asesorado' proposto por Xusto do SNL da USC. No día a día resolveríase como até agora, e para o asesoramento participaríase involucrándose nos proxectos de terminoloxía (rolda USC-lexterm, sociedade galega de terminoloxía etc) ofrecendo o coñecemento informático e respectando as dinámicas internas dos proxectos terminolóxicos (non trasladar a esas listas os nosos problemas internos). Mancomún xestionaría a reutilización tomando como referencia os estándares LISA (TMX, TBX, SBX) e podería apoiar involucrando ao/á lingüista que prevé incorporar nos próximos meses.

Marce pon de relevo a insuficiencia de recursos (glosarios, guía de estilo) e a necesidade dunha maior transparencia por parte da administración e Leandro propón que se liberen os recursos lingüísticos pagados con cartos de todos (tema Buscatermos, Ramón Piñeiro, RAG, e demais). Nisto proponse que Mancomún poida actuar intermediando entre o voluntariado e esas institucións, e facer pedagoxía, amosándolles as posibilidades para que liberen esas ferramentas.

Irene fala de incorporar ao resto da sociedade, falar a súa linguaxe e concórdase na necesidade de visibilizar a comunidade. Nisto Dorfun da Dorfunteca propón aplicar mecánica das redes sociais á comunidade de tradución para mellorar a comunicación interna e para permeabilizarse e que poida participar xente nova

Cris de Tagen Ata pon de relevo a importancia de determinado software menos popular pero de grande repercusión social en temas como xénero, ou minusvalías, que debería ser tamén asumible por empresas aínda que non haxa comunidades de software libre coas que coordinarse. Este software equipárase ao software empresarial (ERP, CRM, BI, ECM, etc) ou software como CYCLOS ou KOHA.

Antón de Reverso propón un sistema de valoración da calidade de tradución mediante karma. Considérase máis apropiado como xeito para integrar novos membros na comunidade a través de interface web, combinado con formación e interacción coas persoas que validaran esas traducións.

Considérase máis conveniente tirar cara Pootle e tumbar o entrans; Suso propón mirar de falar coa xente de Extremadura e/ou a xente de Debian que están co tema do Pootling.

En xeral considérase importante organizar sesións de traballo, e seguir traballando a través da lista

Estabelecer os mecanismos necesarios para garantir a redundancia do coñecemento compartido de cara a evitar a dis-continuación do traballo de localización

Presentacións

Xúntanse as presentacións do evento g11n, en orde de intervención.

Xusto A. González Río. Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.

Helena Veiguela, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Consellaría de Innovación e Indústria (Xunta de Galiza).

Albert Astals Cid, Sobrecoordenador de KDE.

Juan Rafael Fernández, de OFSET.

Programa oficial do G11n

SÁBADO 10 DE MAIO

Lugar: Hotel AC Palacio do Carmen

  • 09:30 - 10:30 Recepción e apertura das Xornadas.
  • 10:30 - 11:30 Terminoloxía. Xusto A. Rodríguez Río, responsábel da Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
  • 11:30 -- 12:00 Café.
  • 12:00 - 12:45 Intervención Institucional con ocasión do 2º Aniversario de Mancomún. Helena Veiguela, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Consellaría de Innovación e Industria (Xunta de Galiza).
  • 12:45 - 14:00 Mesa redonda co título: Perspectivas na localización do software libre. Moderada por Helena Veiguela, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información. Interveñen:
    -Perspectiva do ciberactivismo: Alexandre Prieto, (CiberIrmandade da Fala)
    -Perspectiva do voluntariado: Ignacio Casal (GNOME), Marce (TRASNO)
    -Perspectiva da empresa: Xabier Seixo, (Tagen Ata)
    -Perspectiva da administración pública: Xesús M. Benítez Baleato (Mancomún)
  • 14:00 -- 16:30 Comida.
  • 16:30 -- 17:45 KDE. Albert Astals, Sobrecoordenador de KDE 4.0
  • 17:45 -- 18:00 Café
  • 18:00 -- 19:30 Tradución de software. Juan Rafael Fernández, experto en tradución de software e profesor de ensino secundario en Andalucía.
  • 20:30 -- 22:00 Cea.

DOMINGO 11 DE MAIO

Lugar: Hotel AC Palacio do Carmen

  • 10:00 -- 11:30 Sesión plenaria. Identificación de problemas, asignación a grupos de traballo.
  • 11:30 -- 13:00 Sesións simultáneas dos grupos de traballo.
  • 13:30 -- 14:00 Sesión plenaria. Exposición das conclusións dos grupos de traballo. Convocatoria do seguinte encontro. Clausura do evento.
  • 14:00 -- 16:30 Comida.

Decisións

Previas

  • Semella que a conveniencia de xuntarnos é unha vontade común que non rexistrou obxeccións, e por tanto parece que temos consenso cando menos niso.
  • Seguindo a proposta de Leandro, para ir tomando decisións o mellor será facelo participando no proceso de toma de decisións a través da rolda de correo de Ferramentas e Estratexias de Tradución ao Galego (FETG) (esta lista foi migrada á nova lista g11n [1])
  • Proponse enviar correo para avisar deste wiki, insistir no de usar a rolda FETG e buscar sobre todo estender o convite á participación de toda a comunidade.

Data

10-11 de maio, cadrando co aniversario de Mancomún.

Lugar

A sesión pública do evento terá lugar o próximo sábado 10 de maio na Sala Gran Forum “Capela” do Hotel AC Palacio do Carmen (Santiago de Compostela) e dará comezo ás 09:30 horas.

Contidos

Iranse pechando segundo os relatores propostos vaian confirmando a súa asistencia.

Forma

Evento en tres partes:

  • Mañá do sábado 10: chegar, constextualizar o tema e facer unha primeira rolda de presentacións.
  • Tarde do sábado 10: entramos en materia: traemos os relatores de fóra.
  • Mañá do domingo 11: Posta en común: identificar problemas, grupos de traballo e plenario final

Participantes

Non hai decisión polo momento. Hai propostas. As propostas son complementarias. Comezouse a contactar cos ponentes.

Financiamento

Todos os gastos correrán a cargo do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza (Mancomún). Os gastos cubertos serían os seguintes:

  • Viaxe, aloxamento e manutención dos/as relatores/as.
  • Comida do sábado de relatores e asistentes que se apunten con antelación
  • Cattering durante o evento
  • Gastos de aluguer da/s sala/s de tipo congresual e dos materiais precisos para o desenvolvemento do evento.

Propostas

Nesta sección iremos recollendo as propostas que se vaian facendo na lista FETG para calquera dos aspectos do evento.

Data

  • Dorfun propón que sexa un sábado (rolda FETG, Lun Mar 17 07:11:43 CET 2008 )
  • mvillarino concorda en que sexa un sábado, a unha hora prudente (Lun Mar 17 09:48:38 CET 2008, rolda FETG, )
  • Suso propón que sexa o sábado 10 de maio (na rolda de Trasno, 2008/4/5)

Lugar

  • Dorfun propón que sexa nun sitio céntrico (Compostela?) (rolda FETG, Lun Mar 17 07:11:43 CET 2008)
  • mvillarino propón que sexa na Escola Politécnica de Lugo (rolda FETG, Lun Mar 17 09:48:38 CET 2008)
  • Fran dí que O sitio ideal coido que sería Compostela, por proximidade media para tódolos asistentes, en canto ó día sería moi bo un sábado.
  • mvillarino dí que Se hai ponentes extranxeiros/lonxanos, deberían viaxar en avión. Entón a única opción viábel é compostela.

Contidos

  • Suso propón coñecer experiencias de localización por un lado e despois tratar os temas 'internos' onde nos vexamos as caras todos/as e poidamos facer posta en común, identificar obstáculos e atopar solucións ou polo menos pergeñar algunha estratexia para ilas atopando entre todos (na rolda de Trasno, 2008/4/5)
  • Damufo propón tratar no encontro o tema buscar un consenso ao respeito das guías de estilo (na lista de Trasno Mon, 07 Apr 2008 17:23:49 +0200)
  • Leandro propón coma outro tema de debate para a vindeira xuntanza de tradutores de SL ó galego (g11n polo seu alcume) discutir se é conveniente ou non que se abandone o Entrans en favor dun Pootle con máis pulo e máis futuro.

Forma

  • Leandro propón que a idea disto é intentar repetir iso (o do XGN) non a presentación senón máis ben a charla, para discutir as cousas. (rolda de Trasno, 3 Apr 2008 16:43:06)
  • Suso propón unha mesa redonda pola mañá con xente de fóra e sesión intensiva 'interna' pola tarde. (rolda de Trasno, 2008/4/5)
  • Fran propón gostaríame que fora un evento onde todos, tanto organizacións coma a xente que traduce por libre, teñamos e podamos expoñer o noso ponto de vista e acadar un consenso en canto a termos e demais temas (FETG, 9/4/2008)

Participantes

  • Os das listas ás que chegou o chamamento de Leandro (FETG, Galego21, ubuntu-l10n, galician mozdev, trasno). Suso reenviouno a debian-l10n-galician.
  • Leandro propón convidar as CiberIrmandades da Fala (rolda de Trasno, 3 Apr 2008)
  • Leandro propón incorporar a xente de Termigal no encontro (na lista de Trasno, 5 Apr 2008)
  • Suso propón se cadra invitando a xente doutras CCAA onde haxa experiéncias de localización, tipo euskadi, valéncia, cataluña e tal, se cadra portugal/brasil...) e pola tarde movida máis 'interna' tipo o do xgn pero con máis tempo e algo de medios. (na rolda de Trasno, 2008/4/5)
  • mvillarino propón que Cumpre, institucionalmente, convidar a Albert Astals Cid, aacid, o sobrecoordinador da tradución en kde, que acudiu á primeira guademy, e ademáis a Pedro Morais, da equipa portuguesa de KDE (o interesante deste é que entre dúas persoas son capaces de manter ao 100% de xeito permanente a tradución das 100.000 cadeas que conforman este proxecto, cousa que ningún outro idioma consegue, aínda con potencialmente máis voluntarios. (na rolda de Trasno, Sat, 5 Apr 2008)
  • Susana dí que eu proporía engadir un nome aos posibles invitados que poidan vir: Juan Rafael Fernández. Foi membro activo do proxecto LuCAS-desarrollo, que trataba de xerar recursos lingüísticos e establecer estratexias de tradución que facilitasen e mellorasen a localización de software libre ao español. Hai anos que vén escribindo cousas moi interesantes sobre ferramentas libres, estándares, memorias de tradución, etc. Penso que paga a pena oír o que teña que dicir sobre estes temas. (FETG, 10/4/2008)
  • Miguel Branco propón eu chamaría ós do KDE de Portugal (estes tipos teñen o 100% do KDE traducido sendo 2! que nolo expliquen!) ou outros de grupos de linguas minorizadas/minoriatarias e alguén, e non necesariamente tradutor, do KDE. (FETG, 20080411)
  • Xabier propón que Eu creo que unhas das persoas coas que deveríamos contar, é con Susana Sotelo. Unha das persoas que a nivel galego e do estado español que máis controla sobre a tradución de SL. (FETG, 11/04/2008)

Inscrición

Ficha de inscrición ao evento

Financiamento

  • Suso propón utilizar os recursos de Mancomún. (na rolda de Trasno, 2008/4/5)
  • Suso propón obter apoio apoio financieiro e institucional propoñendo un evento de dous días (10 e 11) en Compostela ou Lugo, máximo 50 asistentes, en espazo de tipo congresual, sufragando gastos de 2 ponentes (viaxe, aloxamento, manutención) e cátering para asistentes. (FETG, 10/4/2008)

Fotos do evento

Cámara de Mancomún

Dscn6586.jpg Dscn6587.jpg Dscn6588.jpg Dscn6589.jpg Dscn6590.jpg Dscn6591.jpg Dscn6592.jpg Dscn6593.jpg Dscn6594.jpg Dscn6595.jpg Dscn6596.jpg Dscn6597.jpg Dscn6598.jpg Dscn6599.jpg Dscn6600.jpg Dscn6601.jpg Dscn6602.jpg Dscn6603.jpg Dscn6604.jpg Dscn6605.jpg Dscn6606.jpg Dscn6607.jpg Dscn6608.jpg Dscn6609.jpg Dscn6610.jpg Dscn6611.jpg

Cámara de Pedro Figueras

Grazas a Pedro por cedernos as fotos

IMG 0092.JPG IMG 0093.JPG IMG 0096.JPG IMG 0097.JPG IMG 0098.JPG IMG 0099.JPG IMG 0100.JPG IMG 0101.JPG IMG 0102.JPG IMG 0103.JPG IMG 0104.JPG IMG 0105.JPG IMG 0107.JPG IMG 0108.JPG IMG 0110.JPG IMG 0111.JPG IMG 0114.JPG IMG 0116.JPG IMG 0117b.jpg IMG 0118.JPG IMG 0119.JPG IMG 0120.JPG IMG 0121.JPG IMG 0122.JPG IMG 0123.JPG IMG 0125.JPG IMG 0126.JPG IMG 0127.JPG IMG 0129.JPG IMG 0130.JPG IMG 0133.JPG IMG 0134.JPG IMG 0135.JPG

Vídeos do G11n

88x31.pngTodos os vídeos están baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza 2.5

1.-Terminoloxía. Xusto A. Rodríguez Río, responsábel da Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela
1-Xusto_A._Rodriguez_Rio.avi 343 MB, 1:36:53

2.-Intervención Institucional con ocasión do 2º Aniversario de Mancomún. Helena Veiguela, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Consellaría de Innovación e Industria (Xunta de Galiza).
2-Helena_Veiguela.avi 306 MB, 1:19:54

3.-Mesa redonda co título: Perspectivas na localización do software libre.
3-Mesa_Traballo.avi 111MB, 37:21

4.-KDE. Albert Astals, coordinador de KDE 4.0
4-Albert_Astals.avi 282MB, 1:14:48

5.-Juan Rafael Fernández, experto en tradución de software e profesor de ensino secundario en Andalucía.
5-Juan_Rafael_Fernandez.avi 414MB, 1:40:41


Nota: g11n é un numerónimo que significa "galeguización", referido á localización de software (maiormente libre) ao galego.