Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Freelens 2011

Descrición:

Freelens, certame de fotografía Creative Commons. Xorde coa idea de achegar a difusión do software libre e, sobre todo, da cultura libre dunha maneira máis sinxela e agradable para a xente que non está moi relacionada coa informática en xeral e co software libre en particular.

O espírito que hai tras este certame comparte a esencia do festival Cinestable que non é outro que o achegamento ao concepto de cultura libre - licenza libre - software libre, motivando a creación de obras culturais libres tanto a nivel galego como estatal. Neste caso a creación e a difusión de novas obras fotográficas baixo licenza Creative Commons.

Á hora de escoller o tipo de licenza a incluír na obra coa que se queira participar para que sexa considerada unha obra cultual libre, recoméndase ler os argumentos e razóns polas que non usar unha licenza Creative Commons -NC.

A asociación quere, en resume, transmitir á sociedade unha mensaxe de liberdade, da posibilidade de sentirse dono do que un fai e do que quere compartir con liberdade, e da liberdade de non ser manexado por outros, xa sexan entes privados ou públicos.

Cartel do Freelens

Documentación

O concurso de fotografía contou con 3 categorías: Xeral, Retrato e Inédita e unha sección especial Fastlens, no que se primaba ademais da calidade das fotos a premura en facela e que non sexan imaxes tomadas hai tempo. Para isto fíxose un minicertames nunha data concreta, cunha ventá temporal curta para que o participante ofreza a súa visión da temática sobre a que se realiza o minicertame. A temática do Fastlens deste ano foi a fin de semana do Apóstolo 2011 en Santiago de Compostela, polo que podía participar calquera fotografía con esa temática (A festa do 24 de xullo, o Festigal ou o día do Apóstolo) As fotografías gañadoras foron:

Sendeiro: Gañadora na categoría Xeral

  • Categoría: Xeral
  • Licenza: CC -By-Nc-Nd
  • Autora: Luis Barca Buyo
  • Título: O sendeiro: Punto de partida dunha dura travesía. Dende aquí podemos observar as dificultades que deberá afrontar o camiñante.

Descansa: Gañadora na categoría Retrato

  • Categoría: Retrato
  • Licenza: CC -By
  • Autora: Verónica Juncal.
  • Título: Descansa: O pai con barba de tres días e o neno rendido no sofá á hora da sesta; o especial desta foto é que foi un momento real, que eu tiven a sorte de captar.

Seda: Gañadora na categoría Natureza

  • Categoría: Natureza
  • Licenza: CC -By-Nc-Nd
  • Autora: Andres Bott
  • Título: Seda: Unha posta de sol tomada dende Cabo Stay (Vigo) coas Illas Cíes de fondo.


A totalidade das fotografías participantes neste certame poden consultarse na galería pública de Inestable.

Organiza:

Asociación Inestable de Ordes

Colaboran:

Concello de Ordes Proyecto Trasno ATX Informática

Patrocina:

Esta actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e incluídas no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.