Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Formación sobre Ubuntu-USC

Descrición

A formación é un dos piares básicos para conseguir unha implantación real e efectiva do software libre na universidade. Toda a oferta de formación en software libre é moi necesaria, xa que, a día de hoxe, é case inexistente, polo que se se quere que sexa unha alternativa real ao uso de software privativo, debese formar aos usuarios e as persoas que se van encargar de dar a asistencia técnica aos mesmos. Ubuntu USC

Para o ano 2010, a OSL da USC propúxose realizar dous cursos sobre Ubuntu-USC: un destinado ao Persoal docente e investigador, e outro aos técnicos da Área TIC (Persoal de administración y servizos).

Ubuntu USC

  • Curso de “Introdución a Ubuntu-USC”. Durante o curso impartíronse as nocións básicas para o traballo diario, dende navegar por Internet, escribir documentos co procesador de textos, comprimir un cartafol ata instalar e desinstalar programas, co obxectivo de capacitar aos asistentes para que poidan realizar, co sistema operativo GNU/Linux Ubuntu-USC, as mesmas tarefas que desenvolven habitualmente en Windows.

Realizáronse dúas sesións, unha en Lugo e outra en Santiago, con 15 horas lectivas cada unha.

  • Curso de “Administración da Ubuntu-USC”: O curso versa principalmente na xestión e resolución de incidencias menores e usuais, coa finalidade de establecer unha primeira estadía no soporte técnico corporativo da USC na distribución de GNU/Linux adaptada para a universidade, Ubuntu-USC. Realizáronse dúas sesións en Santiago e unha en Lugo, con 20 horas lectivas cada unha.
  • Cursos realizados para os alumnos do Grao Superior de Enxeñería Informática, a “Install Party de Linux” e “Introdución a Linux” realizados dentro do programa da Aula Profesional da ETSE.

Datas e lugar de celebración:

“Introdución a Ubuntu-USC”

  • Aula Universia da biblioteca Intercentros do Campus de Lugo. Do luns 7, 8, e 9 de abril de 2010.
  • Aula I de Informática da facultade de Dereito da USC, Campus Sur. Do luns 12 ao venres 16 de abril de 2010.

“Administración da Ubuntu-USC”

  • Aula 5 da facultade de Dereito da USC, Campus Sur. Do luns 7 ao venres 11 de xuño de 2010.
  • Aula 5 da facultade de Dereito da USC, Campus Sur. Do luns 14 ao venres 18 de xuño de 2010.
  • Campus de Lugo en setembro de 2010.

Documentación:

Os curso mencionados foron de carácter eminentemente práctico e non se desenvolveron materiais específicos para os mesmos, mais dende a OSL elaboraron breves miniguías acerca de aspectos concretos para a administración das aulas con Ubuntu-USC:

Impacto:

“Introdución a Ubuntu-USC” é un curso moi interesante para calquera membro do Persoal docente e investigador. Coa progresiva implantación da Ubuntu-USC nas aulas (mediante arrinque dual), esta formación vai ser moi necesaria.

“Administración da Ubuntu-USC” e un curso imprescindible, xa que os técnicos que se encargan das aulas de informática tiñan moi poucos coñecementos en distribucións de GNU/Linux. Agora, os técnicos xa teñen unha base para poder xestionar os arrinques duais coa Ubuntu-USC.

Organiza:

Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela

Patrocina:

Esta actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas 3 Universidades Públicas Galegas coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e incluído no plan de acción FLOSS 2010 da Xunta de Galicia.