Xunta de Galicia
Ferramentas persoais


Powered by MediaWiki

Firefox

Firefox logo.jpeg

Descrición

O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto. Está desenvolvido pola Fundación Mozilla, entidade sen ánimo de lucro, e por unha gran comunidade de voluntarios.

O Firefox incorpora bloqueo de ventás emerxentes, navegación por separadores, marcapáxinas dinámicos, soporte para estándares abertos, e un potente mecanismo para engadir funcionalidades mediante extensións.

Os complementos son pequenos programas que engaden novas funcionalidades ao navegador e permiten personalizalo para que se axuste ás túas preferencias e gustos.

Aínda que se trata de Software Libre, tanto o nome como o logo da marca "Firefox" son propiedade da Fundación Mozilla. Ao non ser copyleft, o seu uso pode implicar incompatibilidades con algunhas licenzas libres. Por este motivo, o Firefox da distribución Debian GNU/Linux chámase Iceweasel e o seu logo é diferente, aínda que se trata do mesmo programa coas mesmas funcionalidades descritas neste manual.

Sección de descargas

Desde a versión de Firefox 3.0.4 a tradución ao galego foi integrada oficialmente en Mozilla, polo que a súa descarga xa se pode realizar a través da súa propia páxina de descargas.


Corrector en galego para Firefox e Thunderbird:
https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/5018

Manuais e axuda

Ligazóns

Páxina de extensións para o Firefox

Problemas detectados na tradución actual