Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Festa galega do lanzamento de GNOME3

Descrición:

A asociación Ghandalf en colaboración coas asociacións GPUL e Trasno organizaron unha Festa galega do lanzamento de GNOME 3 no marco dunha gran celebración mundial.

O 6 de abril de 2011 publicouse finalmente a agardada versión 3 de Gnome dispoñible 100% en galego. Esta versión supón unha nova xeración de escritorio modernizado e deseñado tendo presente as novas tecnoloxías e dispositivos de hoxe en día e as novas necesidades dos seus usuarios. Con esta versión o proxecto Gnome dá un enorme salto cualitativo tanto dende o punto de vista tecnolóxico, como dende o punto de vista funcional. Para profundar axeitadamente en Gnome3 Ghandalf, Gpul e Trasno organizaron esta xornada na que fixeron un percorrido pola interesante historia do proxecto Gnome, amosando as importantes innovacións presentes tras do recente salto xeracional, para a continuación ver en acción o que Gnome 3 nos ofrece, e coñecer de primeira man o intenso traballo da comunidade galega de localización de Gnome, a cal posibilitou que todos nós poidamos desfrutar de Gnome 3 en galego dende o primeiro día.

Cartel da festa galega de GNOME 3

Datas e lugar de celebración:

A xornada tivo lugar na Facultade de Informática da UDC o día 28 de abril de 2011.

Programa

O programa da xornada foi o seguinte:

Presentación do proxecto GNOME

Demostración de Gnome 3

  • Conferenciante: Diego Fernández
  • Sinopse: Demostración do funcionamento e fluxo de traballo da nova versión de Gnome.

Camiño de GNOME 3 en galego

  • Conferenciante: Fran Diéguez (Coordinador do equipo galego de tradución de Gnome
  • Sinopse: Explicación de todo o traballo que leva localizar o GNOME ao galego así como cales son os fluxos de traballo do Equipo de tradución ao galego de GNOME.

Cómpre lembrar que o idioma Galego foi un dos primeiros en ter completada a tradución do 100% das case 40.000 cadeas de texto desta versión, e ademais traballaron arreo na mellora da calidade das tradución mediante revisións ortográficas, técnicas e finalmente contextuais das traducións de todos os aplicativos. Pode comprobarse parte do traballo feito nas seguintes ligazóns:Diario de tradución de GNOME 3 e Procesos de verificación de GNOME 3 en galego

Este excelente traballo foi capitaneado por Fran Diéguez, coordinador da tradución ao Galego, quen quixo darlle unha especial mención neste caso aos que axudaron na tradución e apoiaron a mesma: Miguel Bouzada, Darío Villar Veres, Gonçalo Cordeiro e Leandro Regueiro e en xeral ao Proxecto Trasno grazas ao cal temos a posibilidade de que os principais proxectos de software libre estean, tamén, na nosa ben querida lingua, lucindo con traducións harmonizadas e corrixidas.

Organiza:

Patrocina:

Esta actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.