Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Ferramentas de tradución

Tradución de software

Entrans é unha ferramenta colaborativa que permite que grupos de voluntarios traballen na tradución en liña de ficheiros PO.

Dende o Entrans de mancomun coordináronse as traducións ao galego de diferentes aplicacións nas que serás benvido a colaborar. Exemplos de traducións realizadas grazas aos voluntarios mediante esta ferramenta son: OpenOffice.org 2.1, Firefox 2.0, B2Evolution, Freemind...

As Ciberirmandades da Fala tamén teñen implementado o seu entrans ao que chaman traduCIF para localizar software ao galego.

Outras aplicacións libres de utilidade para xestionar arquivos .po son o KBabel ou o poEdit.

Tradución de documentos e textos

Opentrad é unha ferramenta web que permite realizar traducións de textos nas catro linguas do estado. Nace da colaboración dun grupo de empresas e universidades, entre elas a santiaguesa imaxin|software e a Universidade de Vigo. Permite a tradución de textos e documentos do castelán ao galego e á inversa.

Esta ferramenta web emprega o motor de tradución apertium que é GPL.

Baseada tamén en apertium existe Traducíndote, que é unha ferramenta web que permite a tradución de ficheiros en formato OpenDocument, ficheiros latex e ficheiros MySQL entre os pares de línguas seguintes:

  • español-galego e galego-español
  • español-catalán e catalán-español
  • español-portugués e portugués-español
  • inglés-catalán e catalán-inglés

O Seminario de Lingüística Informática da UVigo, pon a disposición de calquera:

O Instituto Cervantes tamén recolle no seu sitio web un tradutor bidireccional galego-español.