Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Erros de concordancia nominal e verbal

Concordancia de xénero e número nunha oración participial, suxeito-predicado.

As túas suxestións de investimento será rexeitado.

Solución: As túas suxestións de investimento serán rexeitadas.

Concordancia do suxeito co adxectivo predicativo

O home que falaba aquela lingua que foi precioso para min.

Solución: O home que falaba aquela lingua que foi preciosa para min.

Concordancia do artigo-substantivo, determinante-substantivo, adxectivo-substantivo.

A sal é un bo condimento. Os campos verde eran moi comúns naquela zona.

Solución: O sal é un bo condimento. Os campos verdes eran moi comúns naquela zona.

Concordancia do suxeito-verbo.

Eles tería que mellorar.

Solución: Eles terían que mellorar.