Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Elaboración de carteis e folletos conScribus e Inkscape

Descrición

Este curso achéganos aos conceptos básicos de deseño que, a través do uso de ferramentas de autoedición como Scribus e Inkscape, nos permitirán ser quen de elaborar pequenos documentos de difusión como carteis ou folletos.

Ao longo dos tempos os modos de publicación, é dicir, os modelos de edición de textos sufriron diferentes transformacións. Desde os primeiros textos escritos que se publicaban e distribuían co método da copia manual, pasando pola invención da imprenta ata chegar aos nosos días, os cambios foron moi significativos. Na actualidade coa integración dos ordenadores na vida cotiá, a edición de textos en dixital, pero tamén para ser publicados en papel, ealízase mediante o uso de diferentes programas informáticos., que se denominan programas de autoedición.

O obxectivo deste curso é coñecer as principais funcionalidades do programa de autoedición Scribus, así como do aplicativo de debuxo vectorial Inkscape como ferramenta de apoio para elaborar os nosos deseños gráficos.

Descarga

Scribus.png

O material está dispoñible en formato SCORM así como en formato pdf para facilitar unha áxil visualización dos contidos.

Consulta: (Formato pdf)

Descarga: (Formato SCORM)

Este material publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material.

Autoría:

O curso baixo o título "Elaboración de carteis e folletos con Scribus e Inkscape" foi elaborado por AGASOL para a rede CeMIT dependente da AMTEGA para ofertalo a través da súa plataforma de teleformación “Espazo multimedia de aprendizaxe” (EMA) formando parte dos cursos de formación en alfabetización dixital en software libre.

A formación en software libre a través da rede CeMIT forma parte das distintas actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.