Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

EGroupWare

Egroupware logo.jpg

Descrición

O eGroupWare é unha suite de programas libres para a empresa que están listos para o traballo en grupo nunha rede corporativa. Permite a xestión de contactos, citas, tarefas e moitas máis cousas para todo negocio.

eGroupWare é un servidor de traballo en grupo. Vén cunha interface web nativa que permite o acceso aos datos dende calquera plataforma. É máis, tamén permite escoller un cliente para acceder aos datos do servidor (Kontact, Evolution, Outlook) e tamén mediante teléfono móbil ou PDA mediante SyncML.

eGroupWare é internacional. Neste instante, soporta máis de 25 idiomas, incluíndo soporte rtl.

eGroupWare é independente da plataforma. O servidor corre baixo Linux, Mac, Windows e outros moitos sistemas operativos. No lado do cliente, o único que fai falta é un navegador de internet como Firefox, Konqueror, Internet Explorer e moitos máis.


Sección de descargas

Descarga do eGroupWare  

Manuais e axuda

Ligazóns

Páxina de eGroupWare  

Foros  

Problemas detectados na tradución actual