Xunta de Galicia
Ferramentas persoais


Powered by MediaWiki

Documentación de apoio para a capacitación TIC en SwL

A documentación presentada a continuación elaborouse como material didáctico para o Plan de capacitación TIC en SwL organizado por Mancomún e do que se realizaron dúas edicións, unha en Xuño de 2008 en Santiago de Compostela e outra en Xaneiro de 2009 en Vigo.

Polo tanto, a concepción desta documentación é a de servir como guías de referencia para a formación de persoal técnico informático que vaia desempeñar tarefas de implantación e/ou posterior servizo de asistencia, das ferramentas básicas dunha oficina informatizada con software libre: ofimática, internet e intranet.

Esta documentación foi elaborada pola empresa TEGNIX para o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza – Mancomún, e distribúese baixo as condicións dunha Licenza Creative Commons: Recoñecemento-CompartirIgual 3.0

Introdución a proxectos de software libre


Guías de referencia para a implantación dun contorno de escritorio ofimático en rede con software libre

Guías de referencia para a implantación de servizos xenéricos en rede con software libre

Guías de referencia para a implantación de servizos avanzados de Intranet e Extranet con software libre