Xunta de Galicia
Ferramentas persoais


Powered by MediaWiki

Dicionarios

Na actualidade existen diversos dicionarios en liña que permiten resolver dúbidas léxicas, ortográficas ou mesmo atopar referencias bibliográficas:

  • Un dos dicionarios máis importantes que está dispoñible na rede é o Dicionario de galego Ir Indo. Recolle máis de 65 000 entradas e está adaptado á normativa de 2003.
  • O Dicionario da Real Academia Galega está avalado por esta prestixiosa institución. Actualizado á norma de 2003 e que se subirá proximamente -a data de marzo de 2013- nunha versión revisada, adaptada para móbiles e tabletas, concreta os contidos léxicos das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego.
  • Dicionario de termos pedagóxicos con vocabulario específico neste eido do saber.
  • >O Instituto da Lingua Galega pon á nosa disposición na súa web varias recompilacións de vocabulario de gran utilidade tanto para o usuario común coma para o investigador filolóxico. Ademais existe unha extensión para o navegador Firefox parar poder consultalo: http://mycroft.mozdev.org/search-engines.html?name=galego.
  • O Tesouro Informatizado da Lingua Galega e unha ampla base de datos lexicográfica que recolle termos da nosa historia literaria e permítenos atopar palabras no seu contexto para definir axeitadamente a súa semántica, cronoloxía, etc.
  • O Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo conta co dicionario CLUVI de inglés a galego.
  • Seguindo a filosofía wiki atopámonos co Galizionario, un proxecto colaborativo para producir un dicionario gratuíto en galego, con significados, etimoloxías, pronunciacións e citas. A versión galega comezou no ano 2004 e conta xa con máis de 15.000 entradas inseridas. Está totalmente aberto á vosa participación.